jueves, 27 de diciembre de 2012

Nadal no colexio.

NADAL NO FLEMING on PhotoPeach

lunes, 24 de diciembre de 2012

Xogos de Nadal.


Preme na imaxe para acceder aos xogos de Nadal de PALABRAS AMIGAS.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Alumnado gañador e finalista das postais de Nadal 2012

Finalistas e gañadora:
Vicente Nicolás Miño López 1ºB 

Ángela Marcelino Vaqueiro 2ºC 

Valentina Villar Mogío 3ºD 

Samuel Rodríguez Gabián 4ºB 

Lucía Allende Pérez 5ºC 

Mía Badía Alonso 6ºD
GAÑADORA

lunes, 17 de diciembre de 2012

Historia do Apalpador.



CEP Nosa Señora de Xuvencos.

viernes, 14 de diciembre de 2012

Materiais de Nadal.

Estos son os materiais que temos na biblioteca sobre o Nadal.


miércoles, 12 de diciembre de 2012

martes, 11 de diciembre de 2012

Panxoliña con pictogramas.


"Con un sombreiro de palla" de FUXAN OS VENTOS.

domingo, 9 de diciembre de 2012

sábado, 8 de diciembre de 2012

lunes, 3 de diciembre de 2012

Preparando o Nadal no colexio.

Comeza a preparación do Nadal, con moita información no calendario do EDLG.
Paseniño vanse colgando as postais para o concurso na entrada...

jueves, 29 de noviembre de 2012

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Tema estrela da IV semana do cómic, os ideogramas.

 Este curso escolar, IV SEMANA DO CÓMIC damos un paso máis afondando nun dos aspectos esenciais da banda deseñada. Os ideogramas, que non son outra cousa que a expresión en imaxes dun pensamento.

Na entrada inferior temos a Mortadelo e Filemón coma sempre facendo das súas...




 Murais colocados a carón da entrada da biblioteca, para poder ser "repasados" nas entradas e saídas ao colexio.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Concurso de marcapáxinas.

Gañador@s do concurso. 
Parabéns a todos os participantes.

domingo, 4 de noviembre de 2012

viernes, 2 de noviembre de 2012

O día 9 celebramos o Magosto no colexio.

Enlace a moitos recursos. Do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos. 


Canción para cantar "Non chas quero, non chas quero..."

Enlace a recursos de "O recanto de Mik".

Enlaces seleccionados por TIC_IÑ@ e o equipo das TIC.
O día 9 de novembro será o día da celebración do noso Magosto... unha das festas galegas máis antigas de carácter agrario.

Polo San Martiño celebrábanse divertidas reunións nas casas nas que se comían as castañas asadas (entre a foupa), acompañadas por chourizos e polo primeiro viño tinto da colleita do ano.

viernes, 26 de octubre de 2012

Saen as mochilas viaxeiras.

Mochilas viaxeiras on PhotoPeach O 24 de outubro saen as mochilas viaxeiras. Neste curso complétanse todos os niveis coa incorporación das de 6º. Parabéns a todo@s!

miércoles, 17 de octubre de 2012

Descubrindo o novo espazo.

 O alumnado do 2º e 3º ciclo comeza a descubrir cos seus mestres titores a organización do novo espazo... Na entrada Xiralibro lémbralles cales son as partes importantes dun lector, e coma sempre a imaxe amosa o bo exemplo do que queremos lograr con eles, que non é outra cousas que conseguir ao finalizar a Primaria, uns lectores eficaces que comprendan todo tipo de textos e imaxes. Para conseguilo hai que ter un libro nas mans...


O equipo de biblioteca aproveita para agradecer as familias o apoio tan necesario en todos os ciclos e niveis para que este obxectivo poida ser conseguido e mellorado cada ano.

viernes, 12 de octubre de 2012

Preparando a biblioteca para o 24 de outubro...



Como sabedes o día das bibliotecas é o 24 de outubro, e como todos este anos ese é o día oficial da apertura do curso escolar nesta dependencia do colexio.
O lema deste curso 2012/13 é Biblioteca escolar, acelerador de innovación, ilustración do deseñador galego, Andrés Meixide. 

Como novedades contamos cunha nova responsable Chus Díaz, que coordina ao dinámico equipo de cursos anteriores, que fará posible todas as actividades que aparecen recollidas na PXA e no programa de Mellora de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia para este curso escolar. 

Contamos tamén cunha nova organización dos materiais e mobiliario, no espazo... Xiralibro pensa que hai unha mellor visibilidade de todas as actividades que se están a facer: consulta ordenador, lectura e consulta/documentación na zona central, préstamo dos libros dos ciclos...
 Que opinades?

martes, 3 de julio de 2012

Boas lecturas no verán.

Bo tempo e moi boas lecturas!!


Colle un libro e viaxa coa imaxinación... vémonos en setembro con moitas novas!!
Escribe as túas experiencias de viaxe, e compárteas á volta das vacacións!!

domingo, 24 de junio de 2012

CONTOS DE GRIMM

Abril xa está aquí e neste fermoso mes, con dúas datas salientables como O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, no Colexio Fleming imos traballar os contos dos Irmáns Grimm. 
Con este LIM podedes aprender algunhas cousiñas interesantes. Clica na imaxe.

viernes, 22 de junio de 2012

Resolución do concurso dos deportes e TIC.

Finalistas e gañador do concurso "PONTE UN 10" polo que sabes dos deportes olímpicos.

 Finalistas e gañador do concurso da mascota das TIC.


jueves, 21 de junio de 2012

BRANCA DE NEVE

O alumnado de 3º B e 3ºC dirixidos por as súas titoras Olga e Pilar, poñen en escea a obra dos irmáns Grimm "Branca de neve", do conto do mesmo título da editorial Galaxia.

Resolución do concurso da mascota das TIC.

Estes son os debuxantes finalistas... 
Carlos de Pablos Alfonso 5ºD
Eva Iglesias Lorenzo 5ºB
María Alonso Castro 5ºB
Lucía Allende Pérez 4ºB
Rubén Núñez González 2ºB

Os mellores debuxos estan ao carón da sala de informática... todos eles son chulísimos!!!
A mascota gañadora.




lunes, 11 de junio de 2012

Resolución do concurso dos deportes olímpicos.

Nome do alumnado que entrega as respostas correctamente:
4º curso
• Álvaro Vallejo Bay (4ºD)
• Pablo Domínguez Santomé (4ºC)
• Gabriel Fernández Ferreiro (4ºA)

5º curso
• Sofía Silveira Franco (5ºC)
• Iria Rial Costas (5ºD)
Solucións ao formulario:


jueves, 7 de junio de 2012

Visita do alumnado de 6º ao IES do Castro.

O alumnado de 6º é recibido polo alumnado  CAS de 1º de Bacharelato que con xogos e pistas achégaos o máis destacado do instituto: profesores, instalacións...
Tamén o alumnado de 2º ESO deleitounos cunha obra de teatro lido...
Graciñas a todos pola acollida!!
 24.jpg
30.jpg

miércoles, 6 de junio de 2012

SEMANA MATEMÁTICA

Preme na imaxe e resolve problemas divertidos

martes, 5 de junio de 2012

Fai os seguintes retos visuais.

 Ves circunferencias ou espirais? Preme para comprobalo.

Son iguais os segmentos encarnados? Preme para comprobalo.

Estas imaxes son do mesmo tamaño? As liñas son rectas? Preme para comprobar.

Os segmentos encarnados e verdes pertencen á mesma recta? Preme  para comprobalo.
As liñas cerradas encarnadas forman cadrados? Preme para comprobar.
As zonas circulares de cor gris insertadas nos rectángulos gris oscuro e claro, son da mesma cor? Preme para comprobalo.
 

Debuxos en tiza...


Anamorfosis Debuxo ou pintura que ofrece unha imaxen distorsionada, confusa e deforme que tan so pode apreciarse correctamente se se observa dende un determinado ángulo.

Preme para descubrir a Julian Beever.

O dragón de papel sígueche coa mirada...

Fai as figuras coas pezas do tangram.

Preme sobre a imaxe para acceder a un xogo onde facer as figuras que ves na parte inferior da mesma, podes arrastrar ou xirar as pezas (premendo sobre os vértices) para colocalas sobre o debuxo gris. Se precisas axuda porque notas que algunha é algo complicada clica sobre o botón inferior dereito que pon pista.

Fai o teu propio tangram en papel.

Semana matemática.

Neste curso celebramos en xuño a semana matemática (o 12 de maio é o día das maemáticas).
E que mellor que ler un cómic matemático para comezar dun xeito divertido e poder aprender un chisquiño da historia das matemáticas cuns personaxes moi especiais...

lunes, 4 de junio de 2012

lunes, 28 de mayo de 2012

Concurso dos deportes olímpicos.

Sabendo que o alumnado do centro ten moitísimos coñecementos sobre as olimpíadas, o equipo de biblioteca propón un reto de 10 preguntas.
Enlace ao documento coa información.

As contestacións deberán conter o nome, apelidos e curso e letra dos participantes, e serán entregadas na secretaría antes do 8 de juño.

Aparecerá no blog o nome do alumnado "superatopador olímpico" que acerte todas as preguntas... e entre eles farase o sorteo dun regalo-sorpresa.

Coñece os deportes olímpicos.


Neste Issuu agrúpase a información de varios deportes... Atletismo, Bádminton, Baloncesto, Balonmán, Boxeo, Ciclismo, Esgrima... a orde está no documento.
Traballo de documentación realizado polo alumnado do 2º e 3º ciclo, na materia de Educación Física.  

viernes, 25 de mayo de 2012

Audioconto: Os catro amigos.

Audioconto "Os catro amigos" elaborado cos debuxos e voz do alumnado de 5ºA

martes, 22 de mayo de 2012

Os catro amigos.

Vídeo da actuación do alumnado de 5ºA dirixido pola súa mestra titora Mª Carmen Pernas, dentro dos traballos do mes do libro.
Parabéns a todos!!!

Os sete cabuxos.

Vídeo da actuación do alumnado de 5ºC dirixido pola súa mestra titora Chus Díaz, dentro dos traballos do mes do libro.
Parabéns a todos!!!

domingo, 13 de mayo de 2012

V. Paz Andrade para celebrar as letras galegas.

Preme nas imaxes para facer o lim axeitado ao teu ciclo... para acceder a outro material interactivo do Seminario Galán preme aquí.




Preme para obter a información dos carteis sobre Valentín Paz Andrade e logo preme sobre a segunda imaxe para contestar as preguntas.

Preme aquí para acceder a outro material de Valentín paz Andrade, en fotos, documental... do Seminario Galán.