sábado, 29 de octubre de 2022

Celebramos o Samaín!

Esta semana semana estivemos celebrando o Samaín realizando diversas actividades:

Por un lado, decoramos as portas, as clases, os corredores, aprendemos palabras en galego relacionadas co medo coas que fixemos un mural e decoramos as paredes. 
E, por outro lado, trouxestes as vosas cabazas terroríficas, como o proxecto deste ano é Un mundo de cores, cada curso tiña asignada unha cor coas que pintalas e o resultado foi incríbel! Grazas familias pola vosa colaboración.

Tampouco faltou o túnel do terror, onde as vosas cabazas agochábanse esperando que as visitarades.

Que teñades unha boa ponte! Vémonos á volta.

















viernes, 21 de octubre de 2022

Recreos diferentes

Hoxe acabamos a primeira semana de recreos na biblioteca, esperamos vervos nas próximas. Aquí deixamos máis fotos desta semana:







jueves, 20 de octubre de 2022

Recreos na biblioteca

 Este ano tamén retomamos os recreos na biblioteca, esperámosvos con moitas ganas!






Retomamos os clubs de lectura!

 Ola a todos e todas!

Despois do parón pola situación destes últimos cursos volvemos a facer os clubs de lectura. A acollida foi moi boa e xa están en marcha. Esperemos que os disfrutedes.

Este ano os libros que eleximos para este trimestre son:

- A señorita Bubble.

- El Club de los raros.

- A folla azul.

- O xenio da cidade do Sal.

- La historia de Iqbal.

- Conta nove estrelas.





miércoles, 19 de octubre de 2022

Comezamos de novo coas mochilas viaxeiras

 Ola nenos e nenas!

Xa están entregadas as mochilas viaxeiras, agora só vos queda esperar a que cheguen a vós e gozar delas.

Recordade que temos que coidalas para poder contar con elas moito tempo e antes de entregalas debuxade ou escribide o que máis vos gustou.