lunes, 27 de febrero de 2023

Quincena matemática

 E xa chegou a quincena matemática!

Serás capaz de resolver todos os retos? Clica no teu curso para intentalo. Sorte!!






























jueves, 23 de febrero de 2023

Hoxe celebramos o Día de Rosalía

E despois de traballar sobre ela todo este mes, chegou o 23 de febreiro día da súa conmemoración.... E por que esta data? Porque como xa sabedes Rosalía de Castro naceu o 23 de febreiro de 1837.

Na hora lectora escoitamos os poemas gañadores do "Concurso de poesía Rosalía de Castro" e a canción realizada polo alumnado de 3º en música. Na entrada podedes ver estos poemas  e os debuxos gañadores do "Concurso de debuxo de Rosalía de Castro", inspirados na cor correspondente de cada curso. Tamén vos deixamos o enlace ao podcast para que as familias vos animedes a escoitalos.



Podcast Rosalía de Castro

Gracias a todos e todas pola vosa participación!!!!








domingo, 19 de febrero de 2023

Rematando os primeiros clubs de lectura

Esta semana tocounos despedir dous clubs de lectura para comezar cos novos. O pasamos moi ben gravando as recomendacións lectoras na radio. Esperamos que vos gusten!



Visita Rosa Aneiros

Esta semana, entre mandato do Meco e mandato de Meco, tivemos a sorte de ter unha visita moi especial, a visita de Rosa Aneiros.

Despois de que os de 3º leran o libro de "Catro plumas de dinosaurio", pudieron compartir a experiencia coa súa autora.


Esta é a reseña do libro por se te animas a lelo, está na biblioteca:

"Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá fuxir das gadoupas (e das cagadas) de diplodocus, triceratops ou pteranodons grazas á axuda de Diana, Matilde e un convidado inesperado: o fedello de Carlos, o máis malote da escola."

E aquí deixamos unhas fotiños do mércores:









Que teñades moi boas vacacións de Entroido!! 


martes, 14 de febrero de 2023

Día Mundial da Radio

 

O  día 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio, este día foi elexido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) no ano 2012.


Para celebralo estivemos gravando as recomendacións lectoras dos libros que rematamos nos clubs de lectura de 5º e 6º:  "La historia de Iqbal" de Francesco D'Adamo e "Folla Azul" de Andrea Maceiras.

Estas gravacións emitíronse o Día Mundial da Radio na hora lectora. Esperamos que vos gustaran e vos animedes a ler os libros.




E aquí podedes escoitar as recomendacións lectoras:







Novidades

 Aquí temos as últimas novidades.



viernes, 10 de febrero de 2023

Entroido no Fleming

 Este ano tocou encher o cole de cor seguindo coa temática anual "Un mundo de cores" e o Meco non podía quedarse sen participar nesta festa uníndose as cores! Que bonito está o noso cole!




domingo, 5 de febrero de 2023

Retomamos o Scrabble

E con febreiro tamén volve o xogo do Scrabble.

Como sabedes, participa o grupo clase completo. 
Cada vez que baixedes á biblioteca podedes formar dúas palabras, pero pensádeo ben... canto máis longa sexa a palabra máis puntuación obteredes.
E recordade que só valen as que figuren no dicionario da RAG!

sábado, 4 de febrero de 2023

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 O día 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Sabes por que? O 22 de decembro de 2015, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decidiu designar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia para conmemorar e recoñecer a traxectoria de todas aquelas mulleres que contribuíron ao avance da ciencia e da tecnoloxía. O seu obxectivo é visibilizar e revalorizar o traballo das mulleres investigadoras en todo o mundo e eliminar os roles de xénero.

Se queredes saber que se necesita para ser unha científica pincha neste enlace Vídeo.

Na biblioteca temos preparada unha exposición temática sobre as mulleres na ciencia.


Tamén vos deixamos un xogo de cartas para que coñezades máis sobre as mulleres científicas.





Seguimos con Rosalía

 Recordade que temos en marcha o concurso de Rosalía de Castro. Podedes deixar os vosos poemas e debuxos no buzón da entrada.


Tamén tendes na biblioteca unha exposición de libros de Rosalía para que poidades coñecer máis sobre a súa vida e os seus poemas.