Mostrando entradas con la etiqueta grimm. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta grimm. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de junio de 2012

CONTOS DE GRIMM

Abril xa está aquí e neste fermoso mes, con dúas datas salientables como O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, no Colexio Fleming imos traballar os contos dos Irmáns Grimm. 
Con este LIM podedes aprender algunhas cousiñas interesantes. Clica na imaxe.

jueves, 21 de junio de 2012

BRANCA DE NEVE

O alumnado de 3º B e 3ºC dirixidos por as súas titoras Olga e Pilar, poñen en escea a obra dos irmáns Grimm "Branca de neve", do conto do mesmo título da editorial Galaxia.

viernes, 25 de mayo de 2012

Audioconto: Os catro amigos.

Audioconto "Os catro amigos" elaborado cos debuxos e voz do alumnado de 5ºA

martes, 22 de mayo de 2012

Os catro amigos.

Vídeo da actuación do alumnado de 5ºA dirixido pola súa mestra titora Mª Carmen Pernas, dentro dos traballos do mes do libro.
Parabéns a todos!!!

Os sete cabuxos.

Vídeo da actuación do alumnado de 5ºC dirixido pola súa mestra titora Chus Díaz, dentro dos traballos do mes do libro.
Parabéns a todos!!!

lunes, 7 de mayo de 2012

GOLDILOCKS AND THE THREE BEARS

Videoconto en Inglés narrado por alumnado de 6ºB, con imaxes adaptadas do conto Ricitos de oro, ilustrado por Violeta Monreal.

viernes, 4 de mayo de 2012

Nenos e nenas de infantil de Vilalaura visitan o Fleming

No noso colexio remataron os actos do mes do Libro adicados aos irmáns Grimm cuns invitados moi especiais, o alumnado de cinco anos da escola infantil de Vilalaura acompañados das súas mestras.
Parabéns a todas e todos os que fixestes posible 
un mes de abril tan especial.

lunes, 30 de abril de 2012

ABRIL NO FLEMING

No Colexio Fleming tamén celebramos o mes do libro e adicámosllo  aos irmáns Grimm. Fixemos sesións de contacontos, teatro de monicreques, videos con imaxes de contos e as voces dos nenos e nenas, representacións teatrais, e varias cousiñas máis. Aquí tedes unha mostra.

jueves, 26 de abril de 2012

Decoración de Grimm nas paredes.

Eres quen de contestar as 8 preguntiñas de Xiralibro mentres pasas as páxinas?...

miércoles, 25 de abril de 2012

O anano saltareiro. Videoconto en galego.

Adaptación do conto dos irmáns Grimm en galego, narrado polo alumnado de 6ºA, son Pepinot de "Les Choristes" e imaxes adaptadas de Tony Wolf.

A casiña de chocolate. Videoconto en galego.

Videoconto dos irmáns Grimm en galego.
Ilustracións da editorial Susaeta, son de Amelie e voces do alumnado de 4º e 6º (os nomes aparecen nos créditos do vídeo). 

martes, 17 de abril de 2012

O zapateiro e os trasnos. Videoconto en galego.

Vídeo dun dos contos de Grimm en galego, imaxes da Editorial Combel e  son  Pepinot, Les Choristes.

domingo, 1 de abril de 2012

Dalle cor aos contos de Grimm.

Preme sobre a imaxe para dar cor en liña a esta imaxe, e outras, dos contos de Grimm.
Debuxos de http://www.yodibujo.es