domingo, 30 de abril de 2023

Gloria Fuertes na radio

Os de 3ºA e 3ºD estiveron facendo diferentes actividades sobre Gloria Fuertes e para que poidamos escoitar todos e todas os seus podcast deixámosvos por aquí os dous enlaces. Parabéns polo traballo!


Gloria Fuertes 3ºA

Gloria Fuertes 3ºD

Contacontos no EEI Vila Laura

E seguimos con actividades realizadas polo Día do Libro.

Este ano os nosos compis do colexio EEI Vila Laura invitáronnos a realizar unha xornada de apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º sentouse con 2/3 alumnos das diferentes clases de infantil para contarlles un conto...foi unha actividade moi bonita!!

Despois fixemos un taller de Gloria Fuertes co alumnado de 5 anos nas súas aulas. Léronlles un poema e o ilustraron xuntos.

Foi unha xornada de convivencia moi chula!

Podedes ver un vídeo resumo deste día e o enlace ao seu blog. Pincha aquí: http://vilalaurainfantil.blogspot.com




sábado, 29 de abril de 2023

Apadriñamentos lectores

E aquí vos deixamos un vídeo dos apadriñamentos lectores, pasámolo moi ben compartindo lecturas cos compañeiros e compañeiras!


viernes, 21 de abril de 2023

Visita de Ramón D. Veiga

Seguimos coas actividades enmarcadas no Día do Libro.

Hoxe Ramón D. Veiga, autor do libro "Miñoca e Pega", viu visitar ao alumnado de 1º. Aquí deixamos unhas fotos das catro clases.











jueves, 20 de abril de 2023

Visita Andrea Maceda

Hoxe tivemos a visita de Beatriz Maceda, autora do libro "As sentinelas do silencio" o cal estivemos traballando na clase.

Aquí vos deixamos unhas fotiños.










martes, 18 de abril de 2023

Semana do libro

Entramos na semana do Día do Libro, pero sabedes por que se celebra o 23 de abril? Este día foi escollido porque o 23 de abril de 1616 faleceron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.




Para celebralo, estas semaniñas teremos moitas actividades: apadriñamentos lectores, visitas de autores e autoras, contacontos ao alumnado de Villalaura, actividades de Gloria Fuertes... Seguide atentos e atentas ao noso blog para non perdervos nada e non olvidedes pasar pola biblioteca.