martes, 31 de enero de 2012

II Certame de cartas de corazón.

O Equipo de Biblioteca pon en marcha o II certame de cartas de corazón e sentimento (amor e amizade) solicitando a colaboración das familias dentro do Proxecto Lector de Centro.

As cartas deixaranse en secretaría ou na caixa de corazóns da biblioteca.

Preme AQUÍ para ler mellor as bases.

Aprende a facer cartas.

Fai un sinxelo flash para colocar diferentes textos nas diferentes partes dunha carta.

Preme na imaxe inferior para repasar:
1.- Os elementos dunha carta.
2.- Interlocutor coñecido ou descoñecido.
3.- Carta formal ou informal.
4.- Composición de cartas.
5.- Cartas ao director.

lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz no colexio. Nenos e nenas, e profesorado do centro, cunha camiseta blanca, formamos as letras da palabra PAZ e cantamos "Celebra la vida".


jueves, 26 de enero de 2012

LIBROS PARA A PAZ

Selección de materiais para a PAZ que se atopan na nosa Biblioteca.

miércoles, 25 de enero de 2012

LIM para o DÍA da PAZ

Preme na imaxe e aprende máis sobre o Dia Internacional da Paz con estas actividades de Belén Junquera (Casa de tolos)

lunes, 23 de enero de 2012

Un desexo: PAZ

Gustaríame ser
a fada dalgún conto
para poder vivir
o que eu queira de pronto.
Ter esa vara máxica
que cumpra exactamente
cada capricho novo
que acuda á miña mente;
e no patio da noite
saltar estrelas
e, pasiño a pasiño,
falar con elas.
Comprar enormes lentes
alucinantes,
para ler cada libro
que hai nos estantes.
No máis alto das nubes
ter unha casa,
voar como unha pomba
e ver qué pasa.
Converterme nos campos
en bolboreta
con dúas ás fermosas
e moi coquetas.
Pero se o penso ben
mellor sería
que esa variña  dese
sol e alegría
para espantar dos rostros
dores, tristezas,
poñer PAZ entre os pobos
quitar pobrezas.
Do libro "Tres voltas ó planeta" de Ana Mª Fernández

lunes, 16 de enero de 2012