miércoles, 30 de enero de 2013

Teatro: Os dedos da man.


O noso día da PAZ.

Celebración do día da PAZ no salón de actos. Participa todo o centro en catro grupos, unidos os cursos da mesma letra, baixo a coordinación do alumnado de 6º.
Xunto á lectura do manifesto da PAZ realizáronse actividades como a visualización da obra de teatro "Os dedos da man" e a interpretación da canción elexida... dentro dunha celebración chea de ledicia.
 Parabéns a tod@s e feliz día!!!
Coñeceredes o nome deses monicreques tan ben vestidos... non? 




domingo, 27 de enero de 2013

Comeza a semana da Paz e a multiculturalidade 2013


O luns día 28 de xaneiro comeza no colexio a "Semana da paz e a multiculturalidade", a biblioteca estará aberta para visitar a exposición de obxectos de Etiopía cedidos polas nosas familias galego/etíopes. Tamén será posible visionar dúas películas: unha elaborada no propio centro sobre diferentes partes do país, e a outra cedida por Menoria para coñecer a vida do atleta Abebe Bikila. 

Abaixo podedes visualizar o trailer da película.

viernes, 25 de enero de 2013

Atletas etíopes

Fernando prepara este material tan interesante, para saber moito máis... Toca ler en educación física.

jueves, 24 de enero de 2013

Pinceladas de Etiopía.

Trátase dun país grande e cheo de contrastes, polo que para comezar podemos visualizar un vídeo dunha hora no que algúns españoles que traballan en Etiopía dan unha visión real do que acontecía alí no 2009. Preme para acceder ao vídeo.
 

É interesante tamén o vídeo de Ovidio Fernández "Shoots from Abyssinia", longametraxe no que un rapaz etíope reencóntrase coa súa terra. Este é un trailer. 

Neste vídeo "Sabores do mundo. Etiopía" persoas de orixe Etíope que están en España falan da súa vida aquí.
De interese o vídeo de Acompáñame Etiopía de Popular TV.

sábado, 19 de enero de 2013

Diario dunha viaxe a Etiopía.

Atopamos na rede este diario debuxado da viaxe dun aventureiro, Joaquín González Dorao, por Etiopía... pareceunos unha estupenda sorpresa que tiñades que ver!!

domingo, 13 de enero de 2013

Preparando a semana da Paz.

A celebración no centro do día 30 de xaneiro, día da paz e non violencia, vai quedar enriquecido co achegamento á cultura etíope... preparádevos que estamos no camiño!!
Xiralibro en amárico.

Averigua como é a escritura do teu nome en amárico.
Traductor español-amárico.

Coñece a escritura, pronunciación e significado dos nomes etíopes. Preme aquí para acceder ao enlace alfabético.

jueves, 27 de diciembre de 2012

Nadal no colexio.

NADAL NO FLEMING on PhotoPeach

lunes, 24 de diciembre de 2012

Xogos de Nadal.


Preme na imaxe para acceder aos xogos de Nadal de PALABRAS AMIGAS.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Alumnado gañador e finalista das postais de Nadal 2012

Finalistas e gañadora:
Vicente Nicolás Miño López 1ºB 

Ángela Marcelino Vaqueiro 2ºC 

Valentina Villar Mogío 3ºD 

Samuel Rodríguez Gabián 4ºB 

Lucía Allende Pérez 5ºC 

Mía Badía Alonso 6ºD
GAÑADORA

lunes, 17 de diciembre de 2012

Historia do Apalpador.



CEP Nosa Señora de Xuvencos.

viernes, 14 de diciembre de 2012

Materiais de Nadal.

Estos son os materiais que temos na biblioteca sobre o Nadal.


miércoles, 12 de diciembre de 2012

martes, 11 de diciembre de 2012

Panxoliña con pictogramas.


"Con un sombreiro de palla" de FUXAN OS VENTOS.

domingo, 9 de diciembre de 2012

sábado, 8 de diciembre de 2012

lunes, 3 de diciembre de 2012

Preparando o Nadal no colexio.

Comeza a preparación do Nadal, con moita información no calendario do EDLG.
Paseniño vanse colgando as postais para o concurso na entrada...

jueves, 29 de noviembre de 2012