domingo, 27 de enero de 2013

Comeza a semana da Paz e a multiculturalidade 2013


O luns día 28 de xaneiro comeza no colexio a "Semana da paz e a multiculturalidade", a biblioteca estará aberta para visitar a exposición de obxectos de Etiopía cedidos polas nosas familias galego/etíopes. Tamén será posible visionar dúas películas: unha elaborada no propio centro sobre diferentes partes do país, e a outra cedida por Menoria para coñecer a vida do atleta Abebe Bikila. 

Abaixo podedes visualizar o trailer da película.

No hay comentarios: