viernes, 26 de octubre de 2012
Saen as mochilas viaxeiras.
Mochilas viaxeiras on PhotoPeach
O 24 de outubro saen as mochilas viaxeiras. Neste curso complétanse todos os niveis coa incorporación das de 6º.
Parabéns a todo@s!
miércoles, 17 de octubre de 2012
Descubrindo o novo espazo.
O alumnado do 2º e 3º ciclo comeza a descubrir cos seus mestres titores a organización do novo espazo... Na entrada Xiralibro lémbralles cales son as partes importantes dun lector, e coma sempre a imaxe amosa o bo exemplo do que queremos lograr con eles, que non é outra cousas que conseguir ao finalizar a Primaria, uns lectores eficaces que comprendan todo tipo de textos e imaxes. Para conseguilo hai que ter un libro nas mans...
O equipo de biblioteca aproveita para agradecer as familias o apoio tan necesario en todos os ciclos e niveis para que este obxectivo poida ser conseguido e mellorado cada ano.
viernes, 12 de octubre de 2012
Preparando a biblioteca para o 24 de outubro...
Como sabedes o día das bibliotecas é o 24 de outubro, e como todos este anos ese é o día oficial da apertura do curso escolar nesta dependencia do colexio.
O lema deste curso 2012/13 é Biblioteca escolar, acelerador de innovación, ilustración do deseñador galego, Andrés Meixide.
Como novedades contamos cunha nova responsable Chus Díaz, que coordina ao dinámico equipo de cursos anteriores, que fará posible todas as actividades que aparecen recollidas na PXA e no programa de Mellora de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia para este curso escolar.
Contamos tamén cunha nova organización dos materiais e mobiliario, no espazo... Xiralibro pensa que hai unha mellor visibilidade de todas as actividades que se están a facer: consulta ordenador, lectura e consulta/documentación na zona central, préstamo dos libros dos ciclos...
Que opinades?
Que opinades?

miércoles, 10 de octubre de 2012
martes, 3 de julio de 2012
Boas lecturas no verán.
Bo tempo e moi boas lecturas!!
Colle un libro e viaxa coa imaxinación... vémonos en setembro con moitas novas!!
Escribe as túas experiencias de viaxe, e compárteas á volta das vacacións!!
Escribe as túas experiencias de viaxe, e compárteas á volta das vacacións!!
domingo, 24 de junio de 2012
CONTOS DE GRIMM
Abril xa está aquí e neste fermoso mes, con dúas datas salientables como O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, no Colexio Fleming imos traballar os contos dos Irmáns Grimm.
Con este LIM podedes aprender algunhas cousiñas interesantes. Clica na imaxe.
viernes, 22 de junio de 2012
Resolución do concurso dos deportes e TIC.
Finalistas e gañador do concurso "PONTE UN 10" polo que sabes dos deportes olímpicos.
Finalistas e gañador do concurso da mascota das TIC.
jueves, 21 de junio de 2012
BRANCA DE NEVE
O alumnado de 3º B e 3ºC dirixidos por as súas titoras Olga e Pilar, poñen en escea a obra dos irmáns Grimm "Branca de neve", do conto do mesmo título da editorial Galaxia.
Resolución do concurso da mascota das TIC.
Estes son os debuxantes finalistas...
Carlos de Pablos Alfonso 5ºD
Eva Iglesias Lorenzo 5ºB
María Alonso Castro 5ºB
Lucía Allende Pérez 4ºB
Rubén Núñez González 2ºB
Os mellores debuxos estan ao carón da sala de informática... todos eles son chulísimos!!!
A mascota gañadora.
lunes, 11 de junio de 2012
Resolución do concurso dos deportes olímpicos.
Nome do alumnado que entrega as respostas correctamente:
4º curso
• Álvaro Vallejo Bay (4ºD)
• Pablo Domínguez Santomé (4ºC)
• Gabriel Fernández Ferreiro (4ºA)
5º curso
• Sofía Silveira Franco (5ºC)
• Iria Rial Costas (5ºD)
Solucións ao formulario:jueves, 7 de junio de 2012
Visita do alumnado de 6º ao IES do Castro.
O alumnado de 6º é recibido polo alumnado CAS de 1º de Bacharelato que con xogos e pistas achégaos o máis destacado do instituto: profesores, instalacións...
Tamén o alumnado de 2º ESO deleitounos cunha obra de teatro lido...
Tamén o alumnado de 2º ESO deleitounos cunha obra de teatro lido...
Graciñas a todos pola acollida!!
miércoles, 6 de junio de 2012
martes, 5 de junio de 2012
Fai os seguintes retos visuais.
Ves circunferencias ou espirais? Preme para comprobalo.
Son iguais os segmentos encarnados? Preme para comprobalo.
Estas imaxes son do mesmo tamaño? As liñas son rectas? Preme para comprobar.
Os segmentos encarnados e verdes pertencen á mesma recta? Preme para comprobalo.
As liñas cerradas encarnadas forman cadrados? Preme para comprobar.
As zonas circulares de cor gris insertadas nos rectángulos gris oscuro e claro, son da mesma cor? Preme para comprobalo.
Debuxos en tiza...
Anamorfosis Debuxo ou pintura que ofrece unha imaxen distorsionada, confusa e deforme que tan so pode apreciarse correctamente se se observa dende un determinado ángulo.
Preme para descubrir a Julian Beever.
Fai as figuras coas pezas do tangram.
Preme sobre a imaxe para acceder a un xogo onde facer as figuras que ves na parte inferior da mesma, podes arrastrar ou xirar as pezas (premendo sobre os vértices) para colocalas sobre o debuxo gris. Se precisas axuda porque notas que algunha é algo complicada clica sobre o botón inferior dereito que pon pista.
Fai o teu propio tangram en papel.
Semana matemática.
Neste curso celebramos en xuño a semana matemática (o 12 de maio é o día das maemáticas).
E que mellor que ler un cómic matemático para comezar dun xeito divertido e poder aprender un chisquiño da historia das matemáticas cuns personaxes moi especiais...
E que mellor que ler un cómic matemático para comezar dun xeito divertido e poder aprender un chisquiño da historia das matemáticas cuns personaxes moi especiais...
lunes, 4 de junio de 2012
miércoles, 30 de mayo de 2012
Formación no Centro. PFAC ABALAR 2012.
PFAC coordinado por Jesús Novás Fernández e asesorado por Jorge Pedrosa do Cefore de Vigo.
VÍDEOS
LIM
Lectura de sílabas5 na segunda páxina hai un acceso aos traballos das sílabas anteriores. Para 1º nivel, e alumnado de apoio, seguindo a orde da incorporación das sílabas da cartilla de Santillana.
PDF EN ISSUU
Documento para repaso das sílabas con apoio de imaxe. Para o 1º nivel y alumnado de apoio.
BLOGS
De Nivel
De Aula
De Área
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




