lunes, 26 de marzo de 2012

Dalle cor aos deportes olímpicos.

Dalle cor aos deportes olímpicos premendo sobre a imaxe... poderás acceder a esta lámina e outras do mesmo grupo. 

jueves, 8 de marzo de 2012

Lecturas con personaxes xitanos.

Neste curso a lectura destacada é Pequena Romaní, unha nena moi sensible e intelixente que logra axudar á súa familia e a toda unha vila.
Na biblioteca podes ler os outros libros deste tema.

Xitanos na cultura.

CARTAS CON CORAZÓN

Nenos e nenas cos premios de composición escrita do II certame de cartas de amor e amizade
Estas son as cartas premiadas.


DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Preme na imaxe para facer unha actividade LIM por mor do Día da Muller traballadora, facilitada pola nosa coordinadora TIC, Mary Carmen Pernas.

viernes, 24 de febrero de 2012

Preparando o documento sobre os deportes olímpicos.

O equipo de biblioteca pon en marcha dende o entroido, coa colaboración de todo o profesorado especialista, unha iniciativa festiva e de traballo documental sobre os deportes olímpicos, preparatoria dos xogos de Londres 2012.

Colabora e lidera este traballo documental o membro da biblioteca e especialista en educación física, Fernando Liz Marzán, que conta coa colaboración dos outros compañeiros desta área, para que todo o alumnado dende 4º de Primaria participe na súa elaboración.

viernes, 17 de febrero de 2012

ENTROIDO OLIMPICO NO FLEMING



MASCOTAS OLÍMPICAS

Así ven as mascotas olímpicas os nenos e nenas do Ciclo I . 
Son uns artistas!!!






jueves, 16 de febrero de 2012

Coplas do entroido 2012.

O alumnado do 3º ciclo preparou as coplas deste entroido, moitas partes serán lidas na festa das Olimpíadas do colexio.
Para ler todas, pasa as follas do libro.

Pictogramas dos deportes olímpicos.

Comproba se coñeces os pictogramas empregados nas olimpíadas.

domingo, 12 de febrero de 2012

LIBROS PARA SENTIR

Na Biblioteca temos unha exposición de libros que che van chegar ao corazón. Lecturas que falan de sentimentos hacia os pais, os amigos, as mascotas, a parella... Seguro que atopas algún que che guste.

Tamén podes facer estas fichas sobre os cinco libros que eliximos para esta semana e dos que atoparás ilustracións nos corredores do colexio. Anímate!!!


miércoles, 8 de febrero de 2012

AMIGOS

Amizade entre un can e un golfiño. Precioso!!! 

martes, 31 de enero de 2012

II Certame de cartas de corazón.

O Equipo de Biblioteca pon en marcha o II certame de cartas de corazón e sentimento (amor e amizade) solicitando a colaboración das familias dentro do Proxecto Lector de Centro.

As cartas deixaranse en secretaría ou na caixa de corazóns da biblioteca.

Preme AQUÍ para ler mellor as bases.

Aprende a facer cartas.

Fai un sinxelo flash para colocar diferentes textos nas diferentes partes dunha carta.

Preme na imaxe inferior para repasar:
1.- Os elementos dunha carta.
2.- Interlocutor coñecido ou descoñecido.
3.- Carta formal ou informal.
4.- Composición de cartas.
5.- Cartas ao director.

lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz no colexio. Nenos e nenas, e profesorado do centro, cunha camiseta blanca, formamos as letras da palabra PAZ e cantamos "Celebra la vida".


jueves, 26 de enero de 2012

LIBROS PARA A PAZ

Selección de materiais para a PAZ que se atopan na nosa Biblioteca.

miércoles, 25 de enero de 2012

LIM para o DÍA da PAZ

Preme na imaxe e aprende máis sobre o Dia Internacional da Paz con estas actividades de Belén Junquera (Casa de tolos)

lunes, 23 de enero de 2012

Un desexo: PAZ

Gustaríame ser
a fada dalgún conto
para poder vivir
o que eu queira de pronto.
Ter esa vara máxica
que cumpra exactamente
cada capricho novo
que acuda á miña mente;
e no patio da noite
saltar estrelas
e, pasiño a pasiño,
falar con elas.
Comprar enormes lentes
alucinantes,
para ler cada libro
que hai nos estantes.
No máis alto das nubes
ter unha casa,
voar como unha pomba
e ver qué pasa.
Converterme nos campos
en bolboreta
con dúas ás fermosas
e moi coquetas.
Pero se o penso ben
mellor sería
que esa variña  dese
sol e alegría
para espantar dos rostros
dores, tristezas,
poñer PAZ entre os pobos
quitar pobrezas.
Do libro "Tres voltas ó planeta" de Ana Mª Fernández

lunes, 16 de enero de 2012