
Estilo Andy Warhol. Abaixo tedes unha imaxe moi coñecida.

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en conmemoración do aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés, autor de contos inolvidables como A Sereiña, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do Emperador, o Parrulo feo... e outros. O cartel do 2011 é de Jüri Mildeberg, de Estonia.

Esta a piques de chegar o tempo dos agasallos... Xiralibro foi testemuña do ben que traballaron os nenos e nenas na biblioteca, da cantidade de libros que leron e do requeteben que se portaron. Así que nas cartas que está a escribir ao Apalpador, a Papa Noel e aos Reis Magos vai pedir libros, películas, vídeos do corpo humano, revistas...