martes, 15 de marzo de 2011

Vídeo "O soldadiño de chumbo"... en galego.


Unha historia de amor... en clave galega.
Ambientado no museo do xoguete de Allariz, o proxecto conta coa música de Emilio Aragón e os deseños de Alfonso Costa e tamén colaboraron prestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña.


A alianza de tres empresas, a Editorial Galaxia, Continental Games e Moonbite acaba de lanzar ó mercado unha revisión en clave galega do tradicional conto de Hans Christian Andersen O Soldadiño de Chumbo que presenta un innovador formato 2.0, con texto ilustrado, unha curtametraxe de animación e unha aplicación de Ipad.

No hay comentarios: