Hoxe, día 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO. Sabedes por que?
A orixe do día do libro remóntase a 1930.
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a elixida para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores/as e alentar a todos/as, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura.
Este ano propuxémosvos dúas actividades:
- ilustrar o lema "A MIN GÚSTAME LER"
- escribir un relato curto ambientado nun lugar de Galicia.
Aquí temos os debuxos e relatos seleccionados:
Un conto para todas as idades, que seguro vos fai pensar...
Deixamos aquí algunhas actividades máis para os que queirades seguir celebrando o Día do Libro:
- Poemas de Xela Arias. Clica na imaxe:
- Bookface: fúndete cun libro.
- Agasalla a quen ti queiras cunha rosa:
TARXETA MARCAPÁXINAS
- Día do Libro e Dereitos de Autor
O seu texto de Elvira Ribeiro sobre o
libro e a lectura, un agasallo para as Bibliotecas Escolares de
Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor/2021. As imaxes son unha colaboración, así mesmo, de Cristina
Novoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario