domingo, 30 de abril de 2023

Contacontos no EEI Vila Laura

E seguimos con actividades realizadas polo Día do Libro.

Este ano os nosos compis do colexio EEI Vila Laura invitáronnos a realizar unha xornada de apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º sentouse con 2/3 alumnos das diferentes clases de infantil para contarlles un conto...foi unha actividade moi bonita!!

Despois fixemos un taller de Gloria Fuertes co alumnado de 5 anos nas súas aulas. Léronlles un poema e o ilustraron xuntos.

Foi unha xornada de convivencia moi chula!

Podedes ver un vídeo resumo deste día e o enlace ao seu blog. Pincha aquí: http://vilalaurainfantil.blogspot.com




No hay comentarios: