domingo, 9 de noviembre de 2025

Visita de Clara do Roxo o 6 de novembro

Clara do Roxo volve visitar o Fleming, para conversar co alumnado de 5º sobre o seu libro "A raposa Muiñeira" que traballamos todas as aulas deste nivel. 

Destacar que fixo que nos achegáramos ao querido Courel e que coñecésemos ese lugar dende o agarimoso mundo interior desta autora, onde atopamos uns animais cheos de humanidade e respecto pola natureza que foron fortes para tentar de resolver un problema que aparece no libro. Tamén sorprende a participación de Uxío Novoneira e a Santiña Compaña... que fixo que a lectura sexa perfecta para as datas de Samaín.

O mellor de todo e escoitala a ela falando de como xurde este libro que conecta familia, actualidade e mundo máxico galego. 

Non a coñecía, pero gustoume saber que forma parte da familia do Fleming.


 

No hay comentarios: