Chega o Nadal!
Seguro que nas vacacións apetécevos ler algo e por iso, entre todos e todas, deixamos aquí unhas recomendacións, que agardamos vos gusten!
Chega o Nadal!
Seguro que nas vacacións apetécevos ler algo e por iso, entre todos e todas, deixamos aquí unhas recomendacións, que agardamos vos gusten!
Destacar que fixo que nos achegáramos ao querido Courel e que coñecésemos ese lugar dende o agarimoso mundo interior desta autora, onde atopamos uns animais cheos de humanidade e respecto pola natureza que foron fortes para tentar de resolver un problema que aparece no libro. Tamén sorprende a participación de Uxío Novoneira e a Santiña Compaña... que fixo que a lectura sexa perfecta para as datas de Samaín.
O mellor de todo e escoitala a ela falando de como xurde este libro que conecta familia, actualidade e mundo máxico galego.
Non a coñecía, pero gustoume saber que forma parte da familia do Fleming.
Aquí tedes un pequeno resumo do proxecto anual "Un cole de cine":
https://www.edu.xunta.gal/centros/cepfleming/node/559
- Visitas de autores:
· 11/3/25. Quinto curso Autora Clara do Roxo co seu libro “ A raposa muiñeira”
· 19/3/25. Terceiro curso. Autora Marta Villar co seu libro “ O peidos Máxicos de Sultán”.
· 19/3/25. Segundo curso. Autora Ledicia Costas co seu libros libros: “ Curriño Benvido ao equipo “ e “ Curriño o can influencer”.
· 22/4/25. Cuarto curso. Carlos Meixide co seu libro “ Anxela e Spencer”.
· 22/4/25. Sexto curso. Autora Andrea García Martínez co seu libro “ Animais Fantásticos de aldea “.
Rematamos os primeiros clubs de lectura do curso.
Deixámosvos os programas de radio para que escoitedes sobre os libros "O xenio da Cidade do Sal" de Fina Casalderrey e "Invisible" de Eloy Moreno.
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Aquí deixámosvos dos podcast de 2º e 3º para que sepades un pouquiño máis sobre elas. Esperamos que vos gusten!
Conmemoramos a Semana da Prensa con reportaxes sobre películas e pescudando novas en xornais sobre o tema pois, este ano, estamos a traballar no proxecto sobre o Cine.
Conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro cunha árbore chea de vida grazas aos versos dos poemas que a nosa escritora máis universal nos deixou.