A escritora Ledicia Costas, xa coñecida polos seus libros Escarlatina, A cociñeira defunta e A señorita Bubble, ten mais libros publicados como, As peripecias de Estravaganza Pérez na colección Sopa de Libros (Ed. Xerais).
Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella
un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar
algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día
marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela
está encantada. Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena... agás
se os teus pais non dan sinais de vida durante semanas.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario