O equipo da Biblioteca do CEP Dr Fleming desexámoslle a toda a comunidade educativa
FELICES FESTAS DE NADAL E ANO NOVO 2012
A decoración do colexio está adicada nesta III "Semana do Cómic" aos personaxes dos BOLECHAS de PEPE CARREIRO que están en diferentes lugares... Serás quen de atopalos a todos? CARLOS é o maior e de pelo acastañado.
BRAULIO é rubio.
SONIA é morena.
TATÁ é o máis novo.
e CHISPA é o can.


UN MISTERIO NA MOCHILA DE ALBA, un fermoso libro da escritora Fina Casalderrey e ilustrado por Xosé Cobas que se presentou onte 23 de novembro na Casa das Palabras.
Aprende máis sobre o Samaín con este xogo do CEIP Manuel Fraga (Cariño).Tamén podes facer este LIM DO SAMAIN de Escola de Casalonga.
Ou cantar esta canción con estes simpáticos esqueletos.
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca.
6.- Que tres cousas precisaba Alonso Quijano para chegar a ser un "bo cabaleiro"?
A resposta da pregunta 6 podes atopala no capítulo 1 da obra. Preme aquí para ler un resumo.

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en conmemoración do aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés, autor de contos inolvidables como A Sereiña, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do Emperador, o Parrulo feo... e outros. O cartel do 2011 é de Jüri Mildeberg, de Estonia.
