domingo, 14 de marzo de 2010

Visita Comenius

Esta semana recibimos a visita de profesores italianos e ingleses que traballan co noso colexio no Proxecto Comenius.
O noso alumnado participou no festival de benvida coas rimas inglesas, españolas e italianas que aprenderon cos seus titores e titoras, e profesor@s especialistas. Parabéns a tod@s, estivo estupendo.
Grazas ao equipo directivo polo seu apoio, a todo o profesorado pola súa dedicación e a todos os nenos e nenas polo seu traballo.
Grazas á escola de infantil Vilalaura pola acollida e as actuacións que nos brindaron.
E tamén ao Instituto do Castro polo trato e a atención que nos dispensaron.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Q BONITO
FOI UN ESPECTACULO INCRIBLE
SAUDOS
DE ALBERTO 6B

Anónimo dijo...

me gustó mucho.