Hoxe o colexio Fleming vestiuse de mar.
Peixes, mariñeiros e pescantinas de ribeira, piratas de boa fe, algas e buzos sen arpóns... todos festexamos o Entroido.
Tamén escoitamos as coplas e o xuizo do Meco. Este ano un barco pirata librouse do lume coa condición de que navegue en paz polas augas do mar de Vigo.
Entroido 2010 on PhotoPeach
MAIS FOTOS
4 comentarios:
me han gustado moito os disfraces, pero os que mais foron os de algas
a mi encantoume o disfraz da nena que iba de buzeadora, o traxe parecia de verdade
Ola Luz. :)
Só quería comunicarche que teño un novo blog, o outro xa o borrei, este é:
http://www.anochecerinterminable.blogspot.com
Espero que che guste. O teu tan ben como sempre. :)
Un bico. :)
Encantáronme as coplas:
Hoxe o colexio fleming
está vestido de mar,
de mar azul intenso
de luz, de auga e de sal.
Neste inmenso mar de Vigo
a vida non pode faltar:
peixes, sereas, algas
e homes que saben nadar.
Homes que construiron barcos
para poder navegar,
grandes pesqueiros veloces
que á terrapeixe tran.
E as pescantinas de ribeira
ese peixe venderán.
E así péchase o ciclo
entre os homes, a vida e o mar.
Máis alá, ho horizonte
un barco distinto está:
a súa bandeira negra
ao ceo quere chegar.
Ai, que é un barco pirata!
O terror vén sementar.
Fume, morte e desgracia
adícase a espallar:
homes feridos nos barcos
e vermello intenso no mar.
Parabéns e graciñas Rosi.
Saúdos Lupe.
Publicar un comentario