lunes, 11 de mayo de 2009

Celebra o día das matemáticas...


12 de Maio, "día escolar das matemáticas". Escóllese a data por ser a do nacemento de Pedro Puig Adam.

Frases de Pedro Puig Adam: "Os únicos coñecementos que xamais se aplican, son os que non se teñen".

"Aprendede a ser un pouco aprendices de todo para o voso ben e, polo menos, especialistas en algo para o ben dos demais."

CARTEL DA "I SEMANA MATEMÁTICA" do colexio. Se premes na imaxe, entrarás nunha entretida actividade en LIM.

Este ano o Dia Escolar das Matemáticas está adicado a:
"A Cidade e as Matemáticas"(preme para ler máis)... pensade que hai nunha cidade que teña que ver coas matemáticas... esperamos aportacións sobre o tema...



Lecturas matemáticas para matelistos... "Matemáticas… ¿estás ahí?", de Adrián Paenza. Preme na imaxe para ler o libro.


Xiralibro espéravos no taller de matemáticas da biblioteca, con moitas novidades!!!



3 comentarios:

Xiralibro e Luz dijo...

Xa pasaron varias clases pola biblioteca, de pequenos e de grandes. Pasárono estupendamente cos xogos matemáticos.
Esta nosa primeira semana está a ser un exitazo.
Noraboa, Lupe. Bicos

Anónimo dijo...

Estamos moi contentas porque o pasamos moi ben xogando na biblioteca na semana matemática.
Os nenos e nenas de 5ºA

Anónimo dijo...

A IDEA DE FACER ESTES XOGOS FOI XENIAL PORQUE APRENDIMOS ...¡E DIVERTÍMONOS Á VEZ! FELICIDADES OS DE 6ºB DIVERTÍMONOS MOITO.