viernes, 22 de mayo de 2009

Dous grupos de 1º ESO do IES do Castro visitan a exposición dos cesteiros


O día 20 de maio, dous grupos de 1º ESO do IES do Castro, a maioría antigo alumnado deste centro, visita a exposición dos cesteiros, actividade organizada pola coordinación do departamento de normalización lingüística do Fleming coa colaboración de toda a comunidade escolar: pais, nais, profesorado e alumnado...


Parabéns por tanto traballo!!


Nas imaxes podemos ver ao alumnado do instituto documentándose cun vídeo sobre o tema e observando os diferentes obxectos debidamente identificados e etiquetados, para facilitar a correcta valoración de utilidades, materiais, estilos, procedencia... así como os diferentes murais explicativos colocados polas paredes desta aula multiusos... Esta saída cultural foi impulsada polo equipo de normalización do instituto.

No hay comentarios: