Hoxe recibimos a visita de MARÍA CANOSA, autora do libro O LOBO RAMÓN.
Ramón é un lobo diferente dos demais, tanto nos gustos da comida coma nos de vestir. Por iso ás veces se sente só. Esta situación anímao a achegarse aos veciños, pero eles téñenlle medo por ser un lobo. Isto tráelle moitos problemas. Se queredes como remata o libro, teredes que lelo!jueves, 20 de mayo de 2021
lunes, 17 de mayo de 2021
III Concurso de Podcasts - Radio na biblio
Este curso, os compañeiros de 4º B e D e de 6º C decidiron participar no III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. Aínda que non resultaron gañadores, para nós son os mellores. Aquí volos deixamos:
domingo, 16 de mayo de 2021
viernes, 14 de mayo de 2021
Emilia Pardo Bazán
Sabedes que aconteceu o 12 de maio de 2021?
É o día no que faleceu Emilia Pardo Bazán. Por iso, este ano conmemoramos o seu centenario.
Se queredes, clicando na imaxe podedes acceder a máis información interesante sobre esta ilustre muller:
Novas en xornais:
jueves, 13 de mayo de 2021
Letras Galegas: Himno Galego
Para celebrar as Letras Galegas decidimos gravar o Himno Galego entre todos. Aquí volo deixamos.
Agardamos que vos guste!
miércoles, 12 de mayo de 2021
Visita de Ramón D. Veiga
Hoxe os nenos e nenas de 3º recibiron a visita de Ramón D. Veiga, autor do libro Meigas Fóra. Estiveron conversando e facendo preguntas moi interesantes sobre este fantástico libro que vos animamos a ler. Despois, Ramón adicou un tempo a asinar todos os libro. Moitas grazas!
Quedaron encantados!
martes, 11 de mayo de 2021
Letras Galegas 2021: Xela Arias
domingo, 9 de mayo de 2021
Letras Galegas
- Chega a Semana de Letras Galegas. Esta ano, como xa sabedes, están adicadas á figura de Xela Arias.
Aquí deixamos...
- algúns textos dela:
- Xela Arias. Mulleres galegas
- Conto: A fraga dos paxaros faladores e a grafa leopardicia
- A poesía é un tigre sen paraugas
jueves, 22 de abril de 2021
Día do Libro
- Poemas de Xela Arias. Clica na imaxe:
- Bookface: fúndete cun libro.
- Agasalla a quen ti queiras cunha rosa:
- Día do Libro e Dereitos de Autor
lunes, 12 de abril de 2021
domingo, 11 de abril de 2021
O Faro do Fleming
Este curso, conmemoramos a SEMANA DA PRENSA elaborando entre todos/as un XORNAL: "O FARO DO FLEMING".
Cada grupo achegou unha ou dúas novas relacionadas co lugar sobre o que está a investigar no Proxecto Anual.
Aquí tedes o resultado, ben seguro que pasades un anaquiño entretidos lendo as novas! Pero coidado, algunhas son falsas, poderedes distinguilas? Adiante!
miércoles, 31 de marzo de 2021
31 marzo: Día internacional da visibilidade transxénero
Como non podía ser doutra forma, hoxe conmemoramos esta data porque traballamos en prol da igualdade.
Nestas semanas os máis pequenos do cole están a disfrutar dunha selección de contos:
El Día Internacional de la Visibilidad Transgénero es una conmemoración anual que tiene lugar el 31 de marzo, dedicada a la celebración de las personas transgénero y a la sensibilización en contra de la discriminación hacia las personas trans en todo el mundo
sábado, 20 de marzo de 2021
jueves, 18 de marzo de 2021
lunes, 8 de marzo de 2021
Día Internacional da Muller
Hoxe, 8 de marzo, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!
A continuación deixamos unha serie de recursos para traballar nesta data:
Por que "Día da Muller"?
Algunhas historias...
domingo, 7 de marzo de 2021
8 marzo
Na biblioteca tedes unha selección de materiais para traballar esta data:
Estas son as cartas que enviastes a unha muller da túa vida:
miércoles, 3 de marzo de 2021
Reto matemático
Aquí deixamos aos gañadores/as do Reto Matemático de 6º de primaria e fotos dalgunhas aulas recibindo os seus agasallos.

















































