viernes, 27 de marzo de 2009

Aprendendo a facer cestos

Os de 5º curso asistiron a un obradoiro para aprender a facer cestos. A actividade foi impartida por personal do CAT (Centro de artesanía tradicional).
Pasárono moi ben. Non hai máis que velos.

sábado, 21 de febrero de 2009

FESTA DE ENTROIDO

Con esta música tan marchosa disfrutamos o desfile de disfraces.

viernes, 20 de febrero de 2009

ENTROIDO 2009

Hoxe celebramos o Entroido no colexio.

jueves, 19 de febrero de 2009

O ENTROIDO

Estamos moi ledos porque fixestes uns magnificos traballos sobre o Entroido.
Botade unha ollada.
(Si premes en abrir publicación, podes ler os artigos)




miércoles, 18 de febrero de 2009

O MECO DI...

XOVES

E para ir de troulada
pinta PENCAS na túa cara.

martes, 17 de febrero de 2009

O MECO DI...

MÉRCORES

Para sentirte o máis FERMOSO
trae moitos COLARES no teu pescozo.
(Non esquezas o sombreiro e o mandil)

lunes, 16 de febrero de 2009

O MECO DI...

MARTES

Un mandil has de levar
saibas ou non cociñar.
(Lembrade que tamén hai que levar o sombreiro)

FACER MÁSCARAS

Rafael Laso, pai da profe Rosi, amosoulles ós nen@s de 3º como se fan as máscaras do Entroido de Xinzo, as PANTALLAS.
Grazas, Rafael. Gustoulles moito.

domingo, 15 de febrero de 2009

O MECO DI...

LUNS

Sombreiro, gorro, pucho ou pano
que é o máis fashion neste ano.

Chega o Entroido

Temos a cortiza da Biblioteca chea de traballos sobre o Entroido.
Estes son algúns. Veredes que teño razón cando digo que son estupendos.
Mirade, mirade...


sábado, 14 de febrero de 2009

VAIA CONCERTO!

O xoves asistimos a un concerto de cancións en Inglés para nenos e nenas. Pasámolo moi ben con Dani Griffin, un artista xenial.
Agradecémoslle á editorial Oxford a invitación.
Aquí podedes ver o video dunha das cancións "Africa"

jueves, 5 de febrero de 2009

CONTOS

O equipo das TIC do cole pasounos esta páxina de contos interactivos para os máis pequenos da casa. Podedes escoitalos e lelos cos vosos pais. Son chulísimos.


Preme na imaxe.

martes, 3 de febrero de 2009

A MARMOTA PHIL

Conta a lenda que o 2 de febreiro as marmotas espertan da súa hibernación, e, cando saen ó aire libre, si se ve a súa sombra no chan, o inverno dura outras seis semanas .

Isto foi o que lle pasou onte á marmota máis famosa do mundo, Phil, a marmota dos Estados Unidos. Saiu e viu reflectida a súa sombra. Así que a este frío inverno aínda lle quedan seis semanas máis.
Quen é Phil?


lunes, 2 de febrero de 2009

DÍA DA CANDELARIA

Hoxe celébrase a Candelaria ou festa da luz. Dicíase que era a época do casamento dos paxariños. Di un refrán que "a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa"
Estes son algúns traballos que nos achegaron.








Cando a Candeloria rí... o inverniño está por vir,
cando a Candeloria chora... o inverniño vai fora,
e se nen ri nen chora... hai inverniño por dentro e por fora."

Refrán da avoa de Almudena, 6ºD

domingo, 1 de febrero de 2009

ADIVIÑA

Candelaria a dos y San Blas a tres, adivina qué mes es.

viernes, 30 de enero de 2009

DÍA DA PAZ

Os pasaxeiros do Fleming colleron o tren da PAZ.

lunes, 26 de enero de 2009

XOGO DA PAZ

Este xogo chegou a nós vía o blog "Ensinoengalego" de Vicente.

Preme no debuxo e xoga a "Vai estalar a Paz" cos teus pais porque é un pouquiño difícil.

Cuestións sobre a PAZ

1.- Que ten que ver Llorenç Vidal con este día?.
2.- Cal é a relación Mahatma Gandhi co 30 de Xaneiro?
3.- Que significado ten para ti o movemento coñecido como resistencia pacífica e a non-violencia...










4.- Que é iso do Nobel da Paz?... Coñeces o nome de algunha das 95 persoas ou das 20 organizacións que obtiveron ese premio?
5.- Atopa a última persoa Premio Nobel da Paz.
6.- Sabes quen é esta muller?










7.- Coñeces a un grande activista contra o apartheid Nelson Mandela?

8.- Sabes se temos pombas da paz diferentes (non brancas) no colexio?... liches algúns dos libros seleccionados na biblioteca sobre a interculturalidade?


9.- Cómic da paz (preme para ler)

10.- Constrúe a túa Pomba da Paz de papiroflexia, e faina voar o día 30 de xaneiro.

domingo, 25 de enero de 2009

PAZ (Miguel Hernández)

Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.

sábado, 24 de enero de 2009

POEMAS POR LA PAZ








Sólo tres letras (Gloria Fuertes)
Sólo tres letras, tres letras nada más
sólo tres letras que para siempre aprenderás.
Sólo tres letras para escribir PAZ
La P, la A y la Z, sólo tres letras.
Sólo tres letras, tres letras nada más,
para cantar PAZ, para hacer PAZ.
La P de pueblo, la A de amar
y la Z de zafiro o de zagal.
De zafiro por un mundo azul,
de zagal por un niño como tú.