viernes, 30 de enero de 2009

DÍA DA PAZ

Os pasaxeiros do Fleming colleron o tren da PAZ.

lunes, 26 de enero de 2009

XOGO DA PAZ

Este xogo chegou a nós vía o blog "Ensinoengalego" de Vicente.

Preme no debuxo e xoga a "Vai estalar a Paz" cos teus pais porque é un pouquiño difícil.

Cuestións sobre a PAZ

1.- Que ten que ver Llorenç Vidal con este día?.
2.- Cal é a relación Mahatma Gandhi co 30 de Xaneiro?
3.- Que significado ten para ti o movemento coñecido como resistencia pacífica e a non-violencia...










4.- Que é iso do Nobel da Paz?... Coñeces o nome de algunha das 95 persoas ou das 20 organizacións que obtiveron ese premio?
5.- Atopa a última persoa Premio Nobel da Paz.
6.- Sabes quen é esta muller?










7.- Coñeces a un grande activista contra o apartheid Nelson Mandela?

8.- Sabes se temos pombas da paz diferentes (non brancas) no colexio?... liches algúns dos libros seleccionados na biblioteca sobre a interculturalidade?


9.- Cómic da paz (preme para ler)

10.- Constrúe a túa Pomba da Paz de papiroflexia, e faina voar o día 30 de xaneiro.

domingo, 25 de enero de 2009

PAZ (Miguel Hernández)

Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.

sábado, 24 de enero de 2009

POEMAS POR LA PAZ








Sólo tres letras (Gloria Fuertes)
Sólo tres letras, tres letras nada más
sólo tres letras que para siempre aprenderás.
Sólo tres letras para escribir PAZ
La P, la A y la Z, sólo tres letras.
Sólo tres letras, tres letras nada más,
para cantar PAZ, para hacer PAZ.
La P de pueblo, la A de amar
y la Z de zafiro o de zagal.
De zafiro por un mundo azul,
de zagal por un niño como tú.

viernes, 23 de enero de 2009

ES TIEMPO DE CAMBIAR

Profesores e profesoras, nenos e nenas, esta é a canción de Juanes que imos cantar no patio do cole o día 30 de xaneiro no Día Mundial pola PAZ.
Praticade un pouquiño para que saia moi ben.

miércoles, 21 de enero de 2009

IMAGINE

Os alumnos e alumnas de 6º, da man de John Lennon, imaxinan un mundo sin paises, sin posesións, sin fame nin codicia, un mundo para vivir todos en PAZ.

lunes, 19 de enero de 2009

WHAT A WONDERFUL WORLD!

Vexo rosas vermellas, vexo amigos que se dan a man, vexo cores diferentes nas caras da xente, vexo nenos medrar...e penso ¡Que maravilloso mundo!
Isto é o que di, entre outras cousas, a canción que están aprendendo os nenos e nenas de 5º do noso cole. Eiquí a tedes para practicar.

martes, 13 de enero de 2009

XA ESTÁN EIQUÍ!

Mañá empezan as rebaixas na Biblioteca.

Nos meses de xaneiro e febreiro leva 2 libros e disfruta o doble.

Boas lecturas.


sábado, 20 de diciembre de 2008

BO NADAL

Queridas familias,

XIRALIBRO e todo o equipo da Biblioteca desexamosvos un FELIZ NADAL e moitas ILUSIÓNS e BOAS LECTURAS para o 2009


viernes, 19 de diciembre de 2008

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe o Fleming vestiuse de vermello para celebrar o Festival de Nadal.
Todos os nenos e nenas estaban guapísimos.
Houbo teatro, panxoliñas, poesías... que sei eu cantas cousas!!!
Saiu de maravilla. Noraboa ós profes polo traballo que fixeron e ó alumnado polas interpretacións.
Grazas a todos.

CONCURSO DE POSTAIS

Entregáronse os premios do concurso de postais de Nadal.
Eran tantas e tan bonitas que ó xurado custoulle bastante escoller.
Parabéns a todos os participantes.


jueves, 18 de diciembre de 2008

CHOIVA DE REGALOS

Hoxe chegaron PAPÁ NOEL e o rei MELCHOR ó colexio. Trouxeron presentes para todos os nenos e nenas. Todos estaban moi ledos. Algúns ata se sentaron no colo do rei. Que sorte tiveron.
Papá Noel parecía algo canso. Eu creo que lle pesaba un pouco a barriga.
Bueno, moitas grazas a estes magos que lles poñen ós meniños un sorriso nos beizos.

A LINGUA ANIMADA

Os nosos amigos XULIA e MIK do blogue O RECANTO DE MIK atoparon nalgures, estas curtametraxes de Flocos.TV, cineclube do audiovisual galego, e quixeron compartilas con nós.

Son sete animacións baseadas en textos de coñecidos autores como Cunqueiro ou Murguía, baixo o titulo xenérico de A LINGUA ANIMADA. Foron realizadas por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003.


(Preme enriba de cada unha para visionalas)


















VER CONTRATACIÓN E NORMAS DE USO (Cinemas Dixitais, Axencia Audiovisual Galega)

miércoles, 17 de diciembre de 2008

MÁIS COUSIÑAS

Seguimos recibindo traballos para a BIBLIOTECA.
XIRALIBRO está encantado. Ten a corcheira chea de fermosas lendas, adiviñas e outras cousiñas que estades a facer. ¡Canto nos gusta todo!

Adiviñas de Iago Fernández, 4º B

María Alonso, de 2ºB fixo este precioso Belén de plastilina.

E tamén escribiu isto tan bonito.



(Preme sobre as follas para ler)

martes, 16 de diciembre de 2008

DECORAMOS O COLE

Xa está o colexio vestido de Nadal.
Todo o mundo traballou moitísimo. Mira que fixeron pompóns! E anxos! Están por todas partes.
Quedou moi bonito.



lunes, 15 de diciembre de 2008

MÁIS NOVAS

Os nosos alumnos e alumnas, e as súas familias, están a facer uns maravillosos traballos sobre o NADAL.

Estes foron os últimos que chegaron á Biblioteca.


(Preme nas imaxes si as queres ver de cerca)














MIA, de 2ºB














AROA PÉREZ, 2ºB














RAQUEL QUIROGA, 1ºB

sábado, 13 de diciembre de 2008

Cuestionario sobre o NADAL

Contesta as seguintes preguntas e descubre se o sabes todo sobre o Nadal:

1.- Sabes de quen herdamos a tradición de por a árbore de Nadal?

2.- Coñeces o nome da árbore da esquerda?

3.- De que país é orixinaria a flor de Pascua? (ver abaixo)

4.- Por que hai quen pon roupa interior vermella nestas datas?

5.- Hai algunha sorpresa no roscón de Reis?

6.- Sabes quen instaurou a tradición de enviar tarxetas de Nadal?
Preme aquí para asegurar esas seis respostas

7.- Coñeces algún cantar de Nadal, cantar de Aninovo ou cantar de Reis?, Preme aquí e memoriza algo para sorprender á familia nestas datas.

8.- Sabes cómo é o Nadal noutras partes do mundo? Preme e descúbreo!


9.- Tes ánimos para cantar unha panxoliña?....

10.- Participaches facendo pompóns, tarxetas navideñas ou decorando o colexio?

Son 10 preguntiñas... comenta cantas sabes e a nota que sacarías. BO NADAL

viernes, 12 de diciembre de 2008

Christmas Song

Nenos e nenas de 5º. Con este video podedes cantar e aprender a panxoliña en Inglés para o festival de NADAL. Disfrutade moito.

lunes, 8 de diciembre de 2008

TEMPO DE NADAL

XIRALIBRO xa se vestiu de Nadal. Está simpático, ¿eh? ¿Quédalle un pouco curto o traxe? Debeu medrar.


Está contento porque moitos nenos e nenas están achegando traballos sobre o Nadal.

Mirade estes.

De Cristina Torres, 4ºB



De Alba, 1ºB




De Aloia Herráez, 4ºB