sábado, 29 de octubre de 2022

Celebramos o Samaín!

Esta semana semana estivemos celebrando o Samaín realizando diversas actividades:

Por un lado, decoramos as portas, as clases, os corredores, aprendemos palabras en galego relacionadas co medo coas que fixemos un mural e decoramos as paredes. 
E, por outro lado, trouxestes as vosas cabazas terroríficas, como o proxecto deste ano é Un mundo de cores, cada curso tiña asignada unha cor coas que pintalas e o resultado foi incríbel! Grazas familias pola vosa colaboración.

Tampouco faltou o túnel do terror, onde as vosas cabazas agochábanse esperando que as visitarades.

Que teñades unha boa ponte! Vémonos á volta.

















viernes, 21 de octubre de 2022

Recreos diferentes

Hoxe acabamos a primeira semana de recreos na biblioteca, esperamos vervos nas próximas. Aquí deixamos máis fotos desta semana:







jueves, 20 de octubre de 2022

Recreos na biblioteca

 Este ano tamén retomamos os recreos na biblioteca, esperámosvos con moitas ganas!






Retomamos os clubs de lectura!

 Ola a todos e todas!

Despois do parón pola situación destes últimos cursos volvemos a facer os clubs de lectura. A acollida foi moi boa e xa están en marcha. Esperemos que os disfrutedes.

Este ano os libros que eleximos para este trimestre son:

- A señorita Bubble.

- El Club de los raros.

- A folla azul.

- O xenio da cidade do Sal.

- La historia de Iqbal.

- Conta nove estrelas.





miércoles, 19 de octubre de 2022

Comezamos de novo coas mochilas viaxeiras

 Ola nenos e nenas!

Xa están entregadas as mochilas viaxeiras, agora só vos queda esperar a que cheguen a vós e gozar delas.

Recordade que temos que coidalas para poder contar con elas moito tempo e antes de entregalas debuxade ou escribide o que máis vos gustou.






domingo, 19 de junio de 2022

Proxecto Anual O Camiño de Santiago

Rematamos o curso e como xa sabedes é o momento de ver o traballo realizado durante todo o curso sobre o proxecto anual "O Camiño de Santiago".

Aquí vos deixamos uns vídeos explicativos feitos polo alumnado. Parabéns rapaces/as!


Bo camiño!

Para saber máis sobre Santiago...



miércoles, 4 de mayo de 2022

Semana do Libro

Unha de contos...

Este curso retomamos os apadriñamentos lectores para conmemorar o Día do Libro. Que ben o pasamos e canto botabamos de menos pasar un anaquiño cos compañeiros e compañeiras.

martes, 3 de mayo de 2022

Concurso Radio na Biblio

Este é o segundo ano que o cole se presenta ao Concurso de Podcasts - Radio na Biblio.

Emocionadísimos quedamos co traballo realizado. Agardamos ter sorte!

Se queredes escoitalo, clicade na imaxe:



lunes, 2 de mayo de 2022

Scrabble

Xa temos os cursos gañadores do Scrabble!

Despois dunha longa e dura partida durante o trimestre, 5ºB e 4ºD foron os grupos que acadaron unha maior puntuación. 




Esta semana recibiron o diploma correspondente e o agasallo! Xa poden seguir practicando! 

Parabéns para eles!

domingo, 1 de mayo de 2022

Encontros con autores

SEMANA DO LIBRO

Esta foi unha semana chea de actividade. Non é para menos, conmemoramos O DÍA DO LIBRO.

Comezamos o luns coa visita de Andrea Maceiras, autora do libro A folla azul:





 



Rematamos o venres coa visita de Antonio Fraga, autor do libro Papá Caníbal:

viernes, 22 de abril de 2022

Visita de Ledicia Costas

Hoxe recibimos á nosa queridísima Ledicia Costas, autora dos Minimortos.



É un pracer terte con nós cada curso e compartir lecturas contigo durante un ratiño.

  

  

  


miércoles, 20 de abril de 2022

Semana da Prensa

 

📰Do 7 ao 11 de abril celebramos a Semana da Prensa nas escolas de Galicia e tamén no Fleming.

Clica AQUÍ para ver os traballos do alumnado que adaptou contos clásicos xunto co Proxecto  Anual do Camiño de Santiago. 

Que ben o fixeron. Noraboa a tod@s.👍


viernes, 8 de abril de 2022

Visita de Érica Esmorís

Onte visitounos Erica Esmoris, autora de Patio de Luces.

Pero de que trata este libro?



Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu.

Durante un ratiño compartimos impresións, historias, gustos...

 



miércoles, 6 de abril de 2022

Novidades

 Últimas novidades do trimestre...