Hoxe faleceu Albert Uderzoautor de Astérix e Obélix.
Desde o cole queremos facerlle a nosa homenaxe lembrando a Quincena do Cómic do ano 2018 que adicamos a "Personaxes que viaxan polo mundo" e na que non faltaron Astérix e Obélix:
Para conmemorar este día da poesía propoñémosvos un fermoso poema do libro "VERSOS E VICEVERSOS" de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos:
Aínda que non podemos achegarnos fisicamente á biblioteca do cole, imos procurar achegala recordando algunhas actividades do curso pasado:
Unha pequeniña mostra da poesía que podes atopar na biblio:
Deixámosvos o enlace da canle KALANDRAKA TV para que nestes días nos que non podemos saír da casa aproveitemos a escoitar contos, recomendacións lectoras, cantar...
Hoxe recibimos no cole a Rosa Aneiros. A autora de "Xelís, o guieiro das botellas de mar" e "Orestes perde o sentido" conversou cos nenos e nenas de 4º e 5º e resolveu algunhas das súas inquedanzas.
Recibírona con varios agasallos...
Hoxe tivemos outra sesión de contacontos.
Os nenos e nenas de 2º D prepararon unha adaptación de Que leria ser princesa de Carmen Gil.
O grupo de 6ºD achegounos unha morea de historias: Xa vou, Daniela Pirata, O año que é un porquiño, Daniela y las chicas pirata, Los lobos que nivienron a cenar.
Que ben o pasamos!
Despois de ler "Xelís, o guieiro das botellas do mar", o alumnado de 4º e 5º tivo a oportunidade de intercambiar opinións e facer as preguntas que desexaron á autora do libro Rosa Aneiro, quen ademais non tivo inconvinte en asinar máis de 100 libros:
Durante a semana do 9 ao 13 traballaremos con diferentes xornais tanto nacionais como internacionais nas aulas. Na porta da biblioteca poderemos ler artigos escritos polos mellores"periodistas escolares" do CEP Doutor Fleming, e decidiremos cales son verdadeiros e cales son falsos. Anímate a participar e deixa a túas respostas no mostrador da biblio.