Aquí vos deixamos unhas imaxes representativas do traballado ao longo do curso en relación á Volta ao mundo de Magallanes e Elcano: fauna, flora, orografía, hidrografía,transportes, escolas do mundo, arte...
martes, 4 de junio de 2019
viernes, 31 de mayo de 2019
Héctor Cajaraville, autor de Kusuma
Hoxe recibimos a visita de Héctor Cajaraville autor do libro Kusuma.
O alumnado de 3º pasou un ratiño conversando con el, compartindo impresións...
O alumnado de 3º pasou un ratiño conversando con el, compartindo impresións...
lunes, 27 de mayo de 2019
VI Quedada Literaria
Chegou o día! Hoxe os alumnos/as de 1º e 5º particpamos na VI Quedada Literaria: catorce centros e uns 1300 nenos/as!!
A Castrelos marchamos coas nosas lecturas, recomendacións e marcapáxinas para intercambiar. Pasámolo xenial:
A Castrelos marchamos coas nosas lecturas, recomendacións e marcapáxinas para intercambiar. Pasámolo xenial:
jueves, 16 de mayo de 2019
Antón Fraguas
Celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano homenaxeamos a Antón Fraguas:
Retratos elaborados polo alumnado de 5ºA
Podedes atopar máis información nas seguintes webs:
Desde a nosa biblio, recomendamos algúns libros que atoparedes no recuncho adicado a Antón Fraguas da entrada do Cole, que en colaboración co Equipo de Normalización e os nenos e nenas de 2ºD preparamos con moito agarimo:
Etiquetas:
Conmemoración datas sinaladas,
letras galegas
miércoles, 15 de mayo de 2019
Visita de Ledicia Costas
Que terán os libros de Ledicia Costas que ano tras ano lemos no Cole? "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Esmeraldina, a nena defunta" ou "A Señorita Bubble" son algúns dos títulos escollidos polo noso alumnado.
Hoxe puidemos disfrutar dun ratiño de conversa con ela. Así a recibimos:
Hoxe puidemos disfrutar dun ratiño de conversa con ela. Así a recibimos:

viernes, 10 de mayo de 2019
Recomendacións lectoras - Día do libro
Hoxe rematamos o mural de recomendacións lectoras:
Como este curso estamos a traballar no proxecto "A volta ao mundo de Magallanes e Elcano", pensamos que a mellor maneira de percorrer lugares é coa lectura. Por este motivo decidimos facer, coas aportacións de todo o alumnado do cole, este fermoso mural.

Como este curso estamos a traballar no proxecto "A volta ao mundo de Magallanes e Elcano", pensamos que a mellor maneira de percorrer lugares é coa lectura. Por este motivo decidimos facer, coas aportacións de todo o alumnado do cole, este fermoso mural.
VIAXAR E LER...... O MELLOR PARA SABER
lunes, 6 de mayo de 2019
Canción "Xan sen medo"
Esta semana temos a VI Quedada Literaria no parque de Castrelos. Esta é a canción coa que remataremos a actividade:
viernes, 3 de mayo de 2019
Visita de Carlos Vila
Os nenos e nenas de 6º recibiron a visita de Carlos Vila Sexto, autor do libro "Hugo e o ladrón pantasma". Moi recomendable a súa lectura!!!!
jueves, 2 de mayo de 2019
martes, 30 de abril de 2019
martes, 23 de abril de 2019
Día do libro
Hoxe comezamos o trimestre conmemorando o Día do Libro. Deixámosvos unha mostra da nosa celebración:
1ºC e 4ºC
1ºC e 4ºC
lunes, 22 de abril de 2019
viernes, 12 de abril de 2019
jueves, 11 de abril de 2019
sábado, 6 de abril de 2019
Poesía para o mes do libro
Seguimos disfrutando todo o mes de abril da poesía. Aquí vos deixamos uns vídeos cos que pasaredes un bo ratiño:
viernes, 5 de abril de 2019
miércoles, 3 de abril de 2019
Visita de Teresa González
Hoxe recibimos a visita de Teresa González, autora do libro "Fred Quincalla, nómade do mar".
Despois dun ratiño de charla e comentarios sobre o libro, chegou o momento das sinaturas:
E de ver os traballos dos nenos e nenas de 3º:
lunes, 1 de abril de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























































