miércoles, 13 de febrero de 2019

martes, 12 de febrero de 2019

lunes, 11 de febrero de 2019

Reto matemático

Continúan os xogos na biblio e, ademais, esta semana poñémosvos a proba co... RETO MATEMÁTICO.




martes, 5 de febrero de 2019

Xogos matemáticos

O alumnado xa está a disfrutar dos xogos matemáticos dispoñibles na biblioteca!






lunes, 4 de febrero de 2019

Quincena matemática

No medio das mensaxes de Paz, aparece o mural que anuncia o comezo da seguinte actividade: A QUINCENA MATEMÁTICA.
Xa podedes disfrutar dos xogos na biblioteca!!


Outros murais que atoparás nos corredores...


jueves, 31 de enero de 2019

Día da non violencia e a paz

Conmemoramos esta data cunha serie de recomendacións lectoras e unha selección de títulos relacionados co tema. Agardamos que vos gusten:





miércoles, 30 de enero de 2019

Novidades

Achégate aos andeis de novidades para ver os títulos que proximamente poderás levar en préstamo: desde clásicos como "Manolito Gafotas" ata as últimas propostas de David Walliams e outros autores/as galegos.

lunes, 28 de enero de 2019

Día da paz

Comezamos a semana na que celebraremos o Día da non violencia e da Paz. Así de bonito está o noso corredor:


lunes, 14 de enero de 2019

Novidades

Comezamos trimestre cunha selección de títulos: Los Diarios de Cereza, Isidora Moon...e outras propostass moi interesantes como "Cuando las niñas vuelan alto" o "Las niñas serán lo que quieran ser"

viernes, 11 de enero de 2019

Aniversario de Tintin e Popeye

Parabéns a Tintin e máis Popeye! Este ano cumpren 90 anos e aínda seguen frescos coma rosas. Deixámosvos o enlace ao artigo que fixeron no xornal de El Pais para aqueles que queiran saber algo máis destas estrelas da banda deseñada.

viernes, 21 de diciembre de 2018

Recomendacións lectoras para o Nadal

Marchamos de descanso uns días, pero deixámosvos aquí unha selección de libros para que adiquedes un anaquiño do voso tempo de lecer á lectura:



jueves, 20 de diciembre de 2018

Bibliotecas do mundo

Así deixamos o mural de Bibliotecas do mundo por este trimestre. Seguro que no seguinte aumentan as aportacións:

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Club de lectura: O carteiro de Bagdad

Hoxe foi o último día do club de lectura. Aínda que foi un libro triste, gustoulles aos participantes e desfrutaron do xogo que tiñan esperándolles para ver quen estivera máis atento na súa lectura. Velaí unha fotiño dalgúns dos participantes

martes, 18 de diciembre de 2018

Club de Lectura: Muriel

Chegamos á última reunión do club de lectura e toca despedirse. Facémolo deixándovos as nosas impresións sobre o libro:


jueves, 13 de diciembre de 2018

Novidades

Últimas novidades do ano:
1

martes, 4 de diciembre de 2018

Fotos da quincena do cómic

Quincena do cómic 18/19 on PhotoPeach

lunes, 3 de diciembre de 2018

Día da discapacidade

Hoxe é o Día das persoas con discapacidades.
Na biblioteca poderedes disfrutar dunha selección de contos e algunhas sorpresiñas máis.


Gracias á ONCE polos seus agasallos e os seus préstamos!

domingo, 2 de diciembre de 2018

Club de lectura: O Capitán Maimiño

Hoxe tivemos a penúltima reunión do Club de Lectura de 4º: "O Capitán Maimiño".



Deixámosvos aquí as nosas opinións e algunhas ideas que sacamos despois de ler o libro: