Rematamos a semana entregando as mochilas viaxeiras.
Como novidade, nesta ocasión levan un libro relacionado co proxecto anual: A volta ao mundo.
Agardamos que disfrutedes moito con elas! Vémonos en xuño!
viernes, 5 de octubre de 2018
jueves, 4 de octubre de 2018
Xornadas de formación
Hoxe tocoulle o turno aos auxiliares de biblioteca. Comezamos as xornadas de formación de usuarios. Aquí vos deixamos unha imaxe do atentos/as que estiveron:
miércoles, 3 de octubre de 2018
Maletas Viaxeiras
Como cada curso, as maletas viaxeiras percorrerán as aulas cargadas de materiais de ciencias. Desde hoxe, xa podes disfrutar delas!!
lunes, 1 de octubre de 2018
Comezamos...
Comezamos un novo curso cargado de sorpresas. O primeiro é coñecer o tema do proxecto anual. Fíxate no Xirahorario e atoparás o título:
lunes, 27 de agosto de 2018
O Principiño
Agora que estamos a piques de comezar un novo curso, recordamos un dos contos que traballamos e que seguro vos soa:
O PRINCIPIÑO on PhotoPeach
lunes, 2 de julio de 2018
Doutor Fleming e a Ciencia
Recordade que podedes ver máis cousiñas sobre o proxecto anual nos seguintes enlaces:
Biblioteca
1º primaria
2º primaria 2º primaria 2º primaria
5º primaria
6º primaria
Biblioteca
1º primaria
2º primaria 2º primaria 2º primaria
5º primaria
6º primaria
jueves, 21 de junio de 2018
miércoles, 20 de junio de 2018
lunes, 18 de junio de 2018
Xabier Estévez, Avións de papel
O venres recibimos a vista do autor de Avións de papel, Xabier Estévez quen respondeu a tódalas preguntas e dúbidas que tiñamos sobre o libro.
Avións de papel on PhotoPeach
jueves, 14 de junio de 2018
Ledicia Costas, Andrés Meixide, Susa Herrera...
E aquí vai un recordatorio da pasada semana:
Conversamos con Ledicia Costas e Andrés Meixide sobre o seu libro "A Señorita Bubble" e de paso preguntamos algunha dúbida sobre "Escarlatina, a cociñeira defunta":
Ledicia Costas e Andrés Meixide on PhotoPeach
Susa Herrera on PhotoPeach
Recomendámosvos os libros:
Conversamos con Ledicia Costas e Andrés Meixide sobre o seu libro "A Señorita Bubble" e de paso preguntamos algunha dúbida sobre "Escarlatina, a cociñeira defunta":
Ledicia Costas e Andrés Meixide on PhotoPeach
En abril foron os pequenos do cole os que tiveron a sorte de disfrutar das cancións de Susa Herrera. Quedamos tan contentos que decidimos repetir a experiencia.
Cantamos e pasámolo xenial con Susa Herrera e Lara, a nosa compañeira:
Cantamos e pasámolo xenial con Susa Herrera e Lara, a nosa compañeira:
Susa Herrera on PhotoPeach
Recomendámosvos os libros:
lunes, 11 de junio de 2018
Doutor Fleming e a Ciencia
En 6º de primaria mergulláronse no mundo dos protozoos, dos virus, dos fungos e das bacterias. Todo quedou plasmado en murais e en traballos en impress que o alumnado expuxo:
Completaron as súas investigacións visitando algúns museos de ámbito científico na cidade da Coruña:
Para o día internacional da muller, investigaron sobre mulleres científicas:
viernes, 8 de junio de 2018
Doutor Fleming e a Ciencia
En 5º de primaria adicáronse a investigar sobre diversas enfermidades, as infecións, as vacinas, os antibióticos e o instrumental de laboratorio. Por suposto, os datos biográficos de Alexander Fleming non faltaron.
jueves, 7 de junio de 2018
Doutor Fleming e a Ciencia
Os nenos e nenas de 4º investigaron sobre os lugares nos que naceu, viviu e faleceu Alexander Fleming: Escocia e Londres.
En 3º exploraron sobre materiais e elaboraron unhas maquetas así de bonitas:
En 3º exploraron sobre materiais e elaboraron unhas maquetas así de bonitas:
miércoles, 6 de junio de 2018
Doutor Fleming e a Ciencia
En 2º, traballaron moi duro durante o curso para ampliar os seus coñecementos relacionados con Alexander Fleming e a Ciencia:
- A mascota foilles formulando preguntas sobre o doutor que lles permitiu, a través das súas investigacións e con axuda da familia, dos libros e da web, descubrir a Fleming.
- Convertéronse en inventores e falaron dos inventos máis importantes da historia da humanidade.
- Investigaron sobre a alimentación e fixeron unha pirámide dos alimentos, que lles permitiu ver facilmente cales deben consumir en maior cantidade e cales non; ademais investigaron sobre os nutrientes que conteñen e o que aportan.
- Recibiron a visitas de pais e nais (médico, farmacéutica, óptica, traballadora da ONG Médicos sen fronteiras) que lles falaron das enfermidades, dos xermes, dos alimentos, da placa de Petri...
- Fixeron experimentos científicos e elaboraron un caderno con todos eles.
- Exploraron o Universo: fixeron carteis sobre os distintos planetas, as estrelas e os astronautas.
- Traballaron sobre os aceites esenciais e naturais como remedios para a curación e prevención de enfermidades leves a maioria relacionadas coa pel.
- Co gallo que en 1928, Fleming descubriu a penicilina, traballamos a Andy Wharhol, nacido no ano do descubrimento e creador do Pop Art.
martes, 5 de junio de 2018
Doutor Fleming e a Ciencia
Durante o curso, os nenos e nenas de 1º traballaron sobre a figura de Alexander Fleming: datos biográficos, investigacións, descubrimentos...
Ademais, elaboraron un mural aplicando a técnica de cores de Andy Warhol e mesmo modelaron con plastilina a figura do doutor.
Entre os catro grupos de 1º, aproveitando as súas investigacións sobre os antibióticos, fixeron un mural sobre os alimentos con propiedades antibióticas e bos para a saúde, ademais das plantas medicinais: A fonte da saúde. Que vos parece?
Completaron as súas investigacións coa visita á Fundación Sales, onde coñeceron diferentes especies de plantas e árbores:
Ademais, elaboraron un mural aplicando a técnica de cores de Andy Warhol e mesmo modelaron con plastilina a figura do doutor.
Entre os catro grupos de 1º, aproveitando as súas investigacións sobre os antibióticos, fixeron un mural sobre os alimentos con propiedades antibióticas e bos para a saúde, ademais das plantas medicinais: A fonte da saúde. Que vos parece?
Completaron as súas investigacións coa visita á Fundación Sales, onde coñeceron diferentes especies de plantas e árbores:
domingo, 3 de junio de 2018
Elefantes de papel
A nosa compañeira María Salinas e Berto Pirata estiveron conversando con nós sobre o seu libro solidario "Elefantes de Papel". Moi interesante a reflexión! Grazas por compartir este ratiño!
Proxecto Solidario on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































