miércoles, 6 de junio de 2018

Doutor Fleming e a Ciencia

En 2º, traballaron moi duro durante o curso para ampliar os seus coñecementos relacionados con Alexander Fleming e a Ciencia:
  • A mascota foilles formulando preguntas sobre o doutor que lles permitiu, a través das súas investigacións e con axuda da familia, dos libros e da web, descubrir a Fleming. 
  • Convertéronse en inventores e falaron dos inventos máis importantes da historia da humanidade.
  • Investigaron sobre a alimentación e fixeron unha pirámide dos alimentos, que lles permitiu ver facilmente cales deben consumir en maior cantidade e cales non; ademais investigaron sobre os nutrientes que conteñen e o que aportan.
  • Recibiron a visitas de pais e nais (médico, farmacéutica, óptica, traballadora da ONG Médicos  sen fronteiras) que lles falaron das enfermidades, dos xermes, dos alimentos, da placa de Petri...
  • Fixeron experimentos científicos e elaboraron un caderno con todos eles.
  • Exploraron o Universo: fixeron carteis sobre os distintos planetas, as estrelas e os astronautas.
  • Traballaron sobre os aceites esenciais e naturais como remedios para a curación e prevención de enfermidades leves a maioria relacionadas coa pel.
  • Co gallo que en 1928, Fleming descubriu a penicilina, traballamos a Andy Wharhol, nacido no ano do descubrimento e creador do Pop Art.








No hay comentarios: