sábado, 5 de junio de 2021

Visita de Eva Mejuto e de Antía Yáñez

 Esta semana tocou doble visita.

Por un lado, Eva Mejuto veu a falar cos nenos e nenas de 1º sobre 10 Gatiñas viaxeiras, un fermoso libro de poesía que vos animamos a ler se queredes viaxar por toda Galicia. 

No patio do cole agardáballe unha sorpresa a Eva, as gatiñas viaxeiras fixeron unha parada no Fleming:

 





E tamén tivemos un encontro virtual con Antía Yáñez, autora de Plan de rescate

Xeila, Hector, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio cando algo raro acontece. Escoitan un estrondo e a profeXoana decide ir comprobar que pasou. Pero ela desaparece. Onde estará? E o resto dos nenos e nenas do cole? Por que está a policía fóra? se queredes descubrilo, teredes que ler o libro.

   



No hay comentarios: