O venres 27 de marzo visita o centro Érica Esmoríz para conversar co alumnado de 4º e 5º de Primaria que estiveron a traballando por separado nunha obra diferente desta escritora.
O alumnado de 5º traballou sobre a obra Erin e o lobo e entre outras actividades de animación á lectura houbo un concurso de posibles portadas para o libro. Escolléronse os traballos dunha nena de 5ºB e outra de 5ºC e se fixo unha fusión, que é a que amosamos na foto. Mirade como posan moi satisfeitas as autoras do deseño coa escritora.