O día 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Sabes por que? O 22 de decembro de 2015, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decidiu designar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia para conmemorar e recoñecer a traxectoria de todas aquelas mulleres que contribuíron ao avance da ciencia e da tecnoloxía. O seu obxectivo é visibilizar e revalorizar o traballo das mulleres investigadoras en todo o mundo e eliminar os roles de xénero.
Se queredes saber que se necesita para ser unha científica pincha neste enlace Vídeo.
Na biblioteca temos preparada unha exposición temática sobre as mulleres na ciencia.
Tamén vos deixamos un xogo de cartas para que coñezades máis sobre as mulleres científicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario