
lunes, 27 de abril de 2020
sábado, 25 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO
Menuda sorpresa recibimos hoxe!
Algúns compañeiros/as de 1ºA e 4º A agasalláronnos cuns vídeos fermoso seguindo as propostas que deixamos para o día do libro.
Algúns compañeiros/as de 1ºA e 4º A agasalláronnos cuns vídeos fermoso seguindo as propostas que deixamos para o día do libro.
MOITAS GRAZAS ANTÓN (1ºA), MARTINA (4ºA), CARMEN (4ºA), MARTÍN (1ºA) E NOGC CHUNG (4ºA)
Etiquetas:
Conmemoración datas sinaladas,
día libro
viernes, 24 de abril de 2020
Día do Libro
Naia comparte unha preciosa historia. (4ºD)
Nico e o seu conto (4ºD)
Elena conta a súa historia. (4ºD)
Etiquetas:
Conmemoracións,
Datas sinaladas,
Día do Libro
QUINCENA MATEMÁTICA - RETO
Aquí vos deixamos as solucións aos retos matemáticos. Agardamos que o pasarades ben!
As solucións ao reto de 6º publicaranse o luns.
jueves, 23 de abril de 2020
DIA DO LIBRO
BO DÍA DO LIBRO A TODOS/AS
Aínda que non poidamos celebrar o día do libro todos xuntos como en cursos anteriores e non sexa posible facer actividades coma a dos apadriñamentos no patio, non queriamos que esta data pasase sen máis. Por iso, vos facemos varias propostas:1) Crear unha historia empregando títulos de libros (que podes ter na casa ou que leras e coñezas). Fíxate no seguinte exemplo:
2) Apadriñamento lector: colle o teu libro favorito e senta con algunha das persoas que están ao teu lado estos días a ler un anaquiño del.
3) Facer un audiolibro: elixe un conto ou un poema que che guste e grávate lendoo. Podes facer algúns efectos especiais, empregar diferentes voces... Cando o teñas listo, escóitate. Que opinas? Podes pedir que interveñan outras persoas.
4) Superar unha "Gymkana Literaria":
5) Escoitar unha incrible colección de contos e historias:
6) Ver algún dos seguintes Contos:
7) Ver os seguintes curtos:
miércoles, 22 de abril de 2020
SESIÓN DE CONTACONTOS - 23 ABRIL
SESIÓN DE CONTACONTOS
XOVES, 23 ABRIL ÁS 12.00 HORAS
O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de contacontos online para público familiar, un avance da súa publicación sobre o artista Manuel Colmeiro, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing na rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.
#DíadoLibro #DíadelLibro #BiblioMARCO #MARCOencasa #euquedonacasa
Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez
“As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka)
Emisión: xoves 23 abril ás 12.00, a través da web do MARCO, redes sociais e Youtube
Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO para público familiar.
Etiquetas:
Conmemoración datas sinaladas,
día libro
domingo, 19 de abril de 2020
QUINCENA MATEMÁTICA - RETO
Bo día a todos/as!
Como todos os cursos, este ano tamén celebraremos a Quincena Matemática. Aínda que non poderemos ter os xogos na biblioteca, o que si poderedemos facer é o reto matemático.
Clica no teu curso e... ADIANTE!
Se queredes saber máis sobre estas mulleres podedes animarmos con estes dous libros de Xerais:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)