sábado, 13 de diciembre de 2008

Cuestionario sobre o NADAL

Contesta as seguintes preguntas e descubre se o sabes todo sobre o Nadal:

1.- Sabes de quen herdamos a tradición de por a árbore de Nadal?

2.- Coñeces o nome da árbore da esquerda?

3.- De que país é orixinaria a flor de Pascua? (ver abaixo)

4.- Por que hai quen pon roupa interior vermella nestas datas?

5.- Hai algunha sorpresa no roscón de Reis?

6.- Sabes quen instaurou a tradición de enviar tarxetas de Nadal?
Preme aquí para asegurar esas seis respostas

7.- Coñeces algún cantar de Nadal, cantar de Aninovo ou cantar de Reis?, Preme aquí e memoriza algo para sorprender á familia nestas datas.

8.- Sabes cómo é o Nadal noutras partes do mundo? Preme e descúbreo!


9.- Tes ánimos para cantar unha panxoliña?....

10.- Participaches facendo pompóns, tarxetas navideñas ou decorando o colexio?

Son 10 preguntiñas... comenta cantas sabes e a nota que sacarías. BO NADAL

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Encántame! Co voso permiso vou poñer o mesmo cuestionario no meu blog.
Unha aperta
Mik

Luz dijo...

Un traballo precioso e moi completo. Grazas Lupe.
Xiralibro

Anónimo dijo...

Qdouvos moi ben.
Eu non puiden participar en facer ponpóns xq non fun ao colexio nesas datas ,, unha pena.

Saú2.

Anónimo dijo...

pareceume moi ben e ten cousas moi interesantes



saudos Néstor

amara dijo...

Ola esta moi ben o bloge.O cuestionario de nadal eé un pouco complicado =)
sau2

Alex Pina Glez dijo...

Ja jeje eu son do fleming e que ven o pasei 4 a xD q pena q no fueras y xq no fuistes??????