Os alumnos e alumnas de 6º inauguraron a biblioteca do cole coincidindo cunha data moi sinalada, o 24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA.
O escritor Agustín Fernández Paz, premio nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 dixo:
"Onda hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas"
Oxalá que todos sintamos a necesidade desa luz nas nosas vidas.
3 comentarios:
Marabilloso o manifesto de Agustín Fernández Paz e unha alegría enorme porque un dos nosos escritores, un referente en literatura infantil e xuvenil, acadase un premio tan importante
Foi moi divertido.E a biblioteca está moi chula,decorada para o Samaín,ata Xiralibro está disfrazado.
Publicar un comentario