domingo, 12 de mayo de 2013

12 de maio día das matemáticas.

Hoxe é o día das matemáticas, pero as actividades previstas para a semana matemática saltan unha semana para que poidamos "vivir a tope" a semana das Letras Galegas que culmina o 17 coa data estrela en Galicia.
Podes facer algunha actividade para ir quecendo... están no blog de comprensión lectora.


LIM de Polgariño.

Escoita o conto facendo os crebacabezas e logo fai as actividades de comprensión deste conto de C. Perrault. CLICA

viernes, 10 de mayo de 2013

Invitación aos maiores do EEI Vila Laura.

Os nenos e nenas de 5 anos do EEI Vila Laura achéganse ao colexio para compartir unhas actividades culturais moi entretidas... 
Se premedes na imaxe teredes acceso ao vídeo feito dende o seu centro e subido no seu blog. O Vilablog.
Vémonos nuns meses polo Fleming!!

martes, 30 de abril de 2013

Vídeo do conto da ratiña presumida.

Obra de teatro de Perrault adaptada ao galego, actores e actrices do 6ºC de Chus. Para o mes do libro.

Actos centrais do mes do libro no colexio.


O luns 29 e o martes 30 teñen lugar os actos organizados co gallo da semana do libro da biblioteca para os niveis de 1º, 2º e 3º.
As imaxes superiores son da obra "A ratiña presumida" de 6ºC, o grupo de Chus.
As imaxes inferiores son as da sorpresa que nos tiña preparada o grupo de 6ºA de Mª Carmen Pernas.... O circo...
Ademáis contouse coa proxección dos videocontos da Carapuchina en inglés, coordinada por Luz Díaz co alumnado de 5º e de Polgariño en galego, con imaxes montadas por lupe González e voces de alumnado tamén de 5º. Vídeos que aparecen no blog.
O alumnado de 6ºD, de Carmen Collarte presentou o "Gato con botas" co Kamishibay.

Videoconto de Little Red Riding Hood

LIM de Little Red Riding Hood

lunes, 22 de abril de 2013

Videoconto de Polgariño.


Voces do alumnado de 5ºA:
Antón Casarejos Palazón
Antón García Adán
Sara García Fernández
María Rego de la Torre

Lectura dos contos de Perrault.

Ide lendo os contos que traballaremos nesta "Semana do libro 2013" no colexio. Pasaremos a preguntar personaxes, argumento, ensinanza contida nas rimas finais...

domingo, 21 de abril de 2013

miércoles, 17 de abril de 2013

Contos de Perrault.

Este ano no mes do libro seguimos cos escritores clásicos. Escollemos para traballar a Charles Perrault. Na imaxe superior aparecen unhas pinceladas da súa vida en sinxelas imaxes. 
Abaixo as imaxes da decoración dos catro contos estrela deste ano 2012-13
 





















viernes, 22 de marzo de 2013

Gañadores do premio de debuxo de Aqualia.

O centro recibe hoxe o premio do concurso anual de Aqualia convocado nos meses de marzo e abril do 2012 baixo o lema "Un sobresaliente para ti, un sobresaliente para o planeta", no Museo  de Arte Contemporánea.
O recibe o grupo de 4º D no nome de todos os grupos paticipantes neste  Día Mundial da Auga.

miércoles, 20 de marzo de 2013

Traballando na semana da prensa.

 A nosa semana da prensa na biblioteca.
 Imaxe da entrada ao colexio.
 A biblioteca coa prensa para traballar.
 Achegas de prensa estranxeira
 Achegas de prensa nacional
 Achegas de prensa galega.
 Traballo de seguimento dunha noticia ao longo do tempo.
Sección local.
 Tipos de palabras.
 Sección internacional.
 
















Sección de deportes.


domingo, 17 de marzo de 2013

Prensa galega en dixital.

Preme na imaxe para seguir de xeito dixital as novas dos xornais de Galicia en PRENSA ESCRITA.

Prepara a "Semana da prensa" no cole.

O luns 18 comezamos a nosa propia semana da prensa con diferentes xornais autonómicos, nacionais e internacionais... pasade pola biblioteca.

Actividades lim para a "Semana da Prensa".