martes, 30 de noviembre de 2010

Xiralibro é testemuña dunha visita fora do normal.

Como pode observarse nestas fotos, o día 29 de novembro a biblioteca do Fleming recibe ao ministro Ángel Gabilondo, alcalde Abel Caballero, conselleiro Jesús Vázquez e un grupo de persoas destacadas no ámbito da política e educación que quixeron estar presentes nesta visita.
A temática de pantasmas está presente na decoración desta dependencia...

Para ler máis desta visita preme AQUÍ.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

As froitas do outono.


O alumnado do 1º ciclo trae das súas casas diferentes froitas do outono para degustar e compartir.

lunes, 8 de noviembre de 2010

O outono e o magosto.






Elaborado por Chus Díaz e Fernando Liz.



Material interactivo para os peques:



Outros enlaces para ler sobre o outono.

O CASTIÑEIRO

POEMAS E ADIVIÑAS

REFRÁNS

LÁMINAS PARA PINTAR.

sábado, 6 de noviembre de 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras comezaron a súa andadura polas casas dos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º cursos.
As de 1º e 2º son azuis, novas, chulísimas.
As de 3º laranxas, e as de , que incorporamos este curso, vermellas.
Toda a familia pode disfrutar dos libros, da música e das películas en compañía.
Esperamos que os materiais incluidos sexan do agrado de todos.
Ánimo e Boas Lecturas!!!

O calendario do fondo é unha iniciativa do equipo de Normalización Lingüistica coa colaboración das titorías e o alumnado.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Poemas de Miguel Hernández


Preme na imaxe para ler e traballar poesías de Miguel Hernández.

sábado, 30 de octubre de 2010

BIOGRAFÍA DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Hoxe, sábado 30 de outubro celébrase o centenario do nacemento deste gran poeta.
Esta presentación de O lar de Frianciño está baseada no poema Miguel Hernández para nenos de Carmen Gil.




Preme na imaxe para averiguar o que aprendiches de Miguel Hernández.

Poemas cantados de Miguel Hernández



VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA


Os días 29 e 30 xuntámonos en Santiago de Compostela 1200 mestres e mestras para celebrar os III ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Co lema de "VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA" nomes como Teresa Colomer, Javier Celaya, Manuel Bragado e Antonio Rodríguez de las Heras, fixéronnos reflexionar sobre a lectura dos clásicos, a cultura impresa e dixital, e os camiños de transformación da lectura e da escritura.
Compañeiros e compañeiras de diferentes centros de Primaria e Secundaria compartiron con todos nós as súas experiencias como dinamizadores da Biblioteca.
Parabéns a todos, e, especialmente a Cristina e a Pilar pola organización.

viernes, 29 de octubre de 2010

XA CHEGA O SAMAÍN








Estes videos foron elaborados polo equipo da biblioteca do CEIP Mestres Goldar con música e letra do grupo Mamá Cabra.

domingo, 24 de octubre de 2010

Coñece os números da CDU.

A CDU Clasificación Decimal Universal é un sistema de clasificación do coñecemento, que nace da necesidade de ordear e catalogar os fondos das bibliotecas.


A cada grupo se lle asigna un número do 0 ao 9. Para coñecer a clasificación e a numeración que lle corresponde PREME NA RODA.
PREME NA FICHA para realizar unha actividade para averiguar o que aprendiche.

martes, 12 de octubre de 2010

ENTREGA DE DIPLOMAS

Os premiados no concurso de "As viaxes de Xiralibro" cos seus titores e unha das organizadoras da Biblioteca.
Parabéns a tod@s pola vosa investigación.

lunes, 27 de septiembre de 2010

As viaxes de Xiralibro.


Para ver as imaxes en grande, preme AQUÍ.
Preme sobre a lupa e realiza a actividade proposta sobre as viaxes.

Atopa o percorrido premendo sobre a palabra MAPA.

jueves, 16 de septiembre de 2010

Xiralibro no aeroporto de Vigo.

O aeroporto de Vigo é testigo da marcha de Xiralibro en avión... nestas imaxes cedidas ao equipo de biblioteca, pode observarse a tensión desta mascota que sae da nosa cidade na súa primeira viaxe...
Estará de volta no seu lugar de traballo?
Poderemos ver as fotos dos lugares que visitou?

Quedamos a espera das novas...

miércoles, 30 de junio de 2010

Felices vacacións!!!


Xa canso do turismo de cidade, Xiralibro vai facer unha viaxe... Veredes en setembro algunha foto dos lugares que vai visitar.
Animádevos a escribir, debuxar, insertar as vosas fotos... para elaborar o voso caderno de viaxe.

NON ESQUEZADES A HORA DE LER NO VERÁN!!

Botade unha ollada ao tríptico "Guia de lecturas" que levastes á casa, ou premede AQUI.

martes, 22 de junio de 2010

Exposición de fin de curso.

Na entrada principal pódense ver os traballos elaborados ao logo do curso.


Destaca o traballo realizado sobre os pintores e pintoras da nosa terra.

Parabéns a toda a comunidade escolar!!!

Agradecemos especialmente ao equipo de normalización lingüística o traballo conxunto.

lunes, 21 de junio de 2010

KIN-BALL CON 5º

O alumnado de 5º curso estivo practicando Kin-Ball con monitores de CSAAFD, da Secretaría Xeral de Deportes.
Que ben manexan a bola!!!


sábado, 19 de junio de 2010

Premio para 5ºA

O alumnado de 5º A recibiu o segundo premio do concurso "Mergullándonos nas Illas Atlánticas" coa foto Un peixiño con cuncha .
Parabéns.
A súa titora, Mª Carmen, preparou este video.

jueves, 10 de junio de 2010

Teatro no 1º ciclo

AS FORMIGAS, unha obra que Chus Álvarez e Simón Iglesias, da compañía Casahamlet, puxeron en escea para o alumnado de 1º e 2º.
Pasárono estupendamente.

viernes, 14 de mayo de 2010

Os ciclos I e II celebran as Letras Galegas

Letras Galegas 2010. Ciclos I e II on PhotoPeach

jueves, 13 de mayo de 2010

Letras Galegas 2010

Hoxe, o alumnado do ciclo 3 e os seus profesores-as celebramos o Día das Letras Galegas con diferentes actos. Houbo teatro "A galiña azul" de Carlos Casares, poemas de Uxío Novoneyra, cancións, rapeiros...
Parabéns a todos e todas.
Letras Galegas 2010 on PhotoPeach