sábado, 31 de octubre de 2009

Loita Galega e Ciencia sin palabras

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º asistiron a unha exhibición de loita galega, participaron nos exercicios e pasárono moi ben.
O noso agradecemento á Federación galega de loita.




Tamén disfrutaron cos divertidos experimentos nunha sesión de Ciencia sin palabras.

corre corre, cabaciña.

Nestas datas a lectura e a música poden traballarse xuntas.
Se premedes sobre a imaxe so libro de "Corre corre, cabaciña" poderedes realizar unha actividade de comprensión lectora, e se o facedes sobre o de "Contos en cantos", escoitaredes parte da música que a autora do libro Almudena Janeiro, fai sobre o mesmo así como os comentarios sobre o aproveitamento do seu traballo.

A combinación é fantástica.

jueves, 29 de octubre de 2009

A castañeira.



Obra en bronce de Daniel Calvo Pérez, escultor cego palentino, donada pola ONCE para o concello de Palencia.

Preme sobre a imaxe da dereita para ver en vídeo o conto popular da castañeira (castelán).

A castaña

Documental sobre a castaña en Galicia, e conto con pictogramas en vídeo sobre "O verme das castañas".

Tira de Quino, MAFALDA.

lunes, 26 de octubre de 2009

Pintura e pantasmas.



Ordea as imaxes e pensa un conto, ponlle nome ao pantasma e imaxina unha aventura fantástica. Cando a teñas, pasa pola biblioteca e atopa o conto que ten estas ilustracións... sabes o seu título, autor/a e ilustrador/a?
Pode ser que o teu conto sexa máis divertido!!
Escríbeo para compartilo...

viernes, 23 de octubre de 2009

Un paseo no Hidria

Os nenos e nenas de 5º visitan o barco a vapor Hidria.

Vídeo elaborado por Mª Carmen Pernas, titora de 5ºA

lunes, 19 de octubre de 2009

Contos de pantasmas en Samaín.

Este ano na biblioteca celebraremos o día de Samaín, Defuntos, Halloween... lendo contos de pantasmas... se premes na pantasma branca atoparás o listado de libros en galego que hai na biblioteca sobre o tema.
Se premes na pantasma verde atoparás o listado desta temática coa palabra "fantasma" en castelán.

Prepárate a ter un bo calafrío...

domingo, 18 de octubre de 2009

Comprensión lectora de contos en galego.


Escoita e le estes contos... logo contesta as preguntas propostas e averigua todo o que comprendiches.
Estes mesmos contos podes lelos noutras linguas.

jueves, 1 de octubre de 2009

miércoles, 30 de septiembre de 2009

jueves, 24 de septiembre de 2009

DE CORES E PINTORES

Ola amig@s,
Vou dicirvos xa por que estou vestido de pintor.É moi sinxelo. Este curso imos aprender moitas cousas dalgúns pintores da nosa comunidade: onde naceron, en que sitios estiveron, que técnicas empregaron e, sobre todo, que cuadros pintaron.
Imos traballar xuntos, o equipo da Biblioteca e o de Normalización Lingüistica.
Para este trimestre eliximos estes tres pintores:

Ciclo I: Antonio García Patiño

Ciclo II: Urbano Lugrís

Ciclo III: Maruja Mallo
(Se premedes no seu nome atoparedes información)

Esperamos a colaboración de todos e todas: profes, nenos e nenas, pais e nais...
Ánimo, e a darlle cor ó curso.

jueves, 10 de septiembre de 2009

Benvid@s


Ola a todos e todas,
Xiralibro e o equipo da Biblioteca queremos darvos a benvida ao colexio e tamén informarvos que o noso blog xa está en marcha, para compartir con vós actividades, fotos, historias e outras cousiñas, ao longo deste novo curso.
Vistes a Xiralibro vestido de pintor? Si queredes saber por qué leva unha paleta e un pincel... atentos, haberá novas moi axiña.
Bicos


lunes, 22 de junio de 2009

Xa chegou o verán!!!

Felices vacacións a tod@s.
Vémonos en setembro.

Unha visita especial

Hoxe visitounos a selección española de hockey sobre patíns.

Houbo regalos, firma de autógrafos, fotos, preguntas aos xogadores e xogos.

Pasámolo moi ben coa mascota Oli.

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

viernes, 19 de junio de 2009

VISITA OUTRAS BIBLIOTECAS!!


Xiralibro quere lembrarvos que podedes seguir co préstamo de libros... e por iso se premedes na imaxe, veredes que hai moitas bibliotecas abertas nas datas que agora comezan, das que podedes levar libros para a casa, facer consultas, ler revistas ou os xornais do día, entrar na rede...

Visitade tamén a Casa da Xuventude...


Consultade as actividades de animación, ou preguntade por elas... que as veces hai moitas sorpresas.


Boas vacacións e boas lecturas.

domingo, 14 de junio de 2009

Exposición dos traballos

O curso vai chegando ao final e xa están os traballos elaborados polo alumnado, profesorado e familias, expostos na entrada do colexio... pasade cando teñades un minutiño que da gusto ver a cantidade e calidade dos mesmos.

Na foto aparece a responsable da biblioteca escolar Luz Díaz, traballadora incansable, cunha das persoas do equipo de biblioteca...
Graciñas por colaborar.