lunes, 14 de febrero de 2022
Quincena matemática
domingo, 13 de febrero de 2022
Quincena Matemática
Moi atentos e atentas esta semana porque comeza a QUINCENA MATEMÁTICA! Seredes quen de superar os retos que vos propoñemos?
sábado, 12 de febrero de 2022
Dia da Paz
Aínda que xa pasaron uns días desde a conmemoración da Paz, os nenos e nenas do CEP Doutor Fleming queren agasallarvos a todos co seguinte vídeo.
É unha canción do grupo A MÚSICA DAS BALEAS nacido no CEIP DE CAIÓN (A Laracha) baixo a dirección do mestre de música José Carballido e formado polo alumnado do coro do cole.
viernes, 11 de febrero de 2022
lunes, 7 de febrero de 2022
Scrabble
miércoles, 2 de febrero de 2022
Mes de febreiro - mes da muller e a nena na ciencia
Conmemoramos este mes de febreiro cunha exposición de libros cos que descubriredes a importante labor de moitas mulleres:
lunes, 31 de enero de 2022
Día da Paz
Como sabedes onte conmemoramos o Día da Paz.
Durante toda a semana pasada atopamos polos corredores do cole a persoas de diferentes lugares do mundo que facían o Camiño de Santiago e que ademais nos propuxeron unha serie de retos para cada día da semana:
lunes, 24 de enero de 2022
Semana da Paz
Esta semana atoparedes unha serie de retos polos corredores do cole. Animádeos!
Na biblio hai unha selección lecturas para estes días:
jueves, 20 de enero de 2022
jueves, 13 de enero de 2022
domingo, 21 de noviembre de 2021
Quincena do Cómic: 3º e 4º de Primaria
Chegou a Quincena do Cómic!
A continuación tedes un documento co que aprenderede algunhas cousiñas sobre o cómic que despois deberedes aplicar nas vosas creacións. Prestade moita atención!
Quincena do cómic 1º e 2º de Primaria
Chegou a Quincena do Cómic!
A continuación tedes un cómic de un personaxe moi especial.
Fai clic na imaxe para ver a súa primeira aventura.
Quincena do Cómic: 5º e 6º de Primaria
Chegou a Quincena do Cómic!
A continuación tedes dous documentos cos que aprenderedes algunhas cousiñas sobre o cómic e sobre o Camiño de Santiago que despois deberedes aplicar nas vosas creacións. Prestade moita atención PORQUE LOGO TEDES UNHAS PROBAS, QUEN DE VOS SERÁ O MAIS OBSERVADOR OU OBSERVADORA?
martes, 2 de noviembre de 2021
jueves, 28 de octubre de 2021
Concurso relatos e debuxos de Samaín
Ola monstruosos e monstruosas escritores e debuxantes.
Antes de nada queríamos darvos as grazas pola vosa participación. Foi unha tarefa arrepiante elexir os gañadores e gañadoras do concurso. Sen embargo houbo relatos e debuxos que puxerónnos particularmente os pelos de punta.
Non deixedes de ler e ver estas historias e monstruos.
martes, 26 de octubre de 2021
Concurso de relatos e debuxos para o Samaín
Recordade que hoxe é o último día para entregar os vosos relatos de medo e debuxos no buzón da entrada.
lunes, 25 de octubre de 2021
Chega o Samaín
Se xa pasastes pola biblio, seguro que vos decatastes da Semana na que estamos:
chegou o Samaín!!
Estes días tedes unha selección de lecturas e películas "terroríficas" nos expositores. Botádelle un ollo!
Adiante valentes!
domingo, 24 de octubre de 2021
miércoles, 13 de octubre de 2021
Ola, ola
Ola nenos e nenas,
Xa estamos aquí de novo. Voltamos á biblioteca con moita ilusión e algo nervios@s , porque nos gusta ter todo listo para percorrer xuntos unha andaina, na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos máis.
Estamos argallando cousas moi divertidas para vós. Temos algunhas ideas que vos encantarán, xa veredes!!!
Estade atentos que pronto ábrese a biblio.
Ata a próxima.
X.
martes, 7 de septiembre de 2021
3, 2, 1... COMEZAMOS!
Comeza o curso! Xa case está todo listo para recibirvos.
Este ano imos traballar sobre o Camiño de Santiago.
Aquí deixamos o horario para que poidades descargalo e cubrilo os primeiros días de clase:

















