domingo, 13 de febrero de 2022

Quincena Matemática

 Moi atentos e atentas esta semana porque comeza a QUINCENA MATEMÁTICA! Seredes quen de superar os retos que vos propoñemos?



sábado, 12 de febrero de 2022

Dia da Paz

Aínda que xa pasaron uns días desde a conmemoración da Paz, os nenos e nenas do CEP Doutor Fleming queren agasallarvos a todos co seguinte vídeo. 

É unha canción do grupo A MÚSICA DAS BALEAS nacido no CEIP DE CAIÓN (A Laracha) baixo a dirección do mestre de música José Carballido e formado polo alumnado do coro do cole.

viernes, 11 de febrero de 2022

Scrabble

 E así vai a nosa partida de Scrabble despois dunha semana...



lunes, 7 de febrero de 2022

Scrabble

E con febreiro chega a partida de Scrabble.
Como sabedes, participa o grupo clase completo. 
Cada vez que baixedes á biblioteca podedes formar dúas palabras, pero pensádeo ben... canto máis longa sexa a palabra máis puntuación obteredes.
E recordade que só valen as que figuren no dicionario da RAG!


miércoles, 2 de febrero de 2022

Mes de febreiro - mes da muller e a nena na ciencia

 Conmemoramos este mes de febreiro cunha exposición de libros cos que descubriredes a importante labor de moitas mulleres:







 



lunes, 31 de enero de 2022

Día da Paz

Como sabedes onte conmemoramos o Día da Paz. 

Durante toda a semana pasada atopamos polos corredores do cole a persoas de diferentes lugares do mundo que facían o Camiño de Santiago e que ademais nos propuxeron unha serie de retos para cada día da semana:


  


  


lunes, 24 de enero de 2022

Semana da Paz

 Esta semana atoparedes unha serie de retos polos corredores do cole. Animádeos!

Na biblio hai unha selección lecturas para estes días:








jueves, 20 de enero de 2022

Novidades

 Continuamos coas novidades...









jueves, 13 de enero de 2022

Novidades

 C0mezamos o trimestre recibindo novidades...








domingo, 21 de noviembre de 2021

Quincena do Cómic: 3º e 4º de Primaria

Chegou a Quincena do Cómic!

A continuación tedes un documento co que aprenderede algunhas cousiñas sobre o cómic que despois deberedes aplicar nas vosas creacións. Prestade moita atención!


    
E agora e tempo de...


Quincena do cómic 1º e 2º de Primaria

 Chegou a Quincena do Cómic!

A continuación tedes un cómic de un personaxe moi especial.

Fai clic na imaxe para ver a súa primeira aventura.


Aqui tendes o que cunchiña falou co Peregrino



E para rematar aquí tedes algunha información do Cómic 
e algúns exercicios por si queredes facer os vosos propios cómics.... Quén sabe si algun ou algunha de vos leva a cunchiña ou a xiralibro a vivir aventuras novas?






Quincena do Cómic: 5º e 6º de Primaria

 Chegou a Quincena do Cómic!

A continuación tedes dous documentos cos que aprenderedes algunhas cousiñas sobre o cómic e sobre o Camiño de Santiago que despois deberedes aplicar nas vosas creacións. Prestade moita atención PORQUE LOGO TEDES UNHAS PROBAS, QUEN DE VOS SERÁ O MAIS OBSERVADOR OU OBSERVADORA?

CAMIÑO DE SANTIAGO

CANTO APRENDICHES?



martes, 2 de noviembre de 2021

Gañadores e gañadoras do concurso de Samaín

Ola a todos, aquí téndes os monstruos gañadores do concurso.Unha aperta para todos eles.

jueves, 28 de octubre de 2021

Concurso relatos e debuxos de Samaín


  Ola monstruosos e monstruosas escritores e debuxantes.

 Antes de nada queríamos darvos as grazas pola vosa participación. Foi unha tarefa arrepiante elexir os gañadores e gañadoras do concurso. Sen embargo houbo relatos e debuxos que puxerónnos particularmente os pelos de punta.

Non deixedes de ler e ver estas historias e monstruos.

GAÑADORES DO CONCURSO

martes, 26 de octubre de 2021

Concurso de relatos e debuxos para o Samaín

 Recordade que hoxe é o último día para entregar os vosos relatos de medo e debuxos no buzón da entrada.




lunes, 25 de octubre de 2021

Chega o Samaín

Se xa pasastes pola biblio, seguro que vos decatastes da Semana na que estamos: 

chegou o Samaín!!

Estes días tedes unha selección de lecturas e películas "terroríficas" nos expositores. Botádelle un ollo!

Adiante valentes!

 








domingo, 24 de octubre de 2021

Comenzamos coas mochilas viaxeiras

Ola a todos e todas! 
Como xa sabedes xa comezan a rular as mochilas viaxeiras polas cosas casas. Nelas encontraredes aventuras,comics,películas...... DISFRUTADE delas e lembrade que son de todos e hai que coidalas e escribir o debuxar o que mais os gustou da vosa mochila.

miércoles, 13 de octubre de 2021

Ola, ola

 Ola nenos e nenas,

Xa estamos aquí de novo. Voltamos á biblioteca con moita ilusión e algo nervios@s , porque nos gusta ter todo listo para percorrer xuntos unha andaina, na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos máis.

Estamos argallando cousas moi divertidas para vós. Temos algunhas ideas que vos encantarán, xa veredes!!!

Estade atentos que pronto ábrese a biblio.

Ata a próxima.

X.


martes, 7 de septiembre de 2021

3, 2, 1... COMEZAMOS!

Comeza o curso! Xa case está todo listo para recibirvos.

Este ano imos traballar sobre o Camiño de Santiago. 

Aquí deixamos o horario para que poidades descargalo e cubrilo os primeiros días de clase:



lunes, 5 de julio de 2021

Patio novo!

 Así de bonito quedou o patio que temos ao lado da biblio! O próximo curso seguro que o disfrutaremos moito!!