sábado, 30 de octubre de 2010

BIOGRAFÍA DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Hoxe, sábado 30 de outubro celébrase o centenario do nacemento deste gran poeta.
Esta presentación de O lar de Frianciño está baseada no poema Miguel Hernández para nenos de Carmen Gil.




Preme na imaxe para averiguar o que aprendiches de Miguel Hernández.

Poemas cantados de Miguel Hernández



VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA


Os días 29 e 30 xuntámonos en Santiago de Compostela 1200 mestres e mestras para celebrar os III ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Co lema de "VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA" nomes como Teresa Colomer, Javier Celaya, Manuel Bragado e Antonio Rodríguez de las Heras, fixéronnos reflexionar sobre a lectura dos clásicos, a cultura impresa e dixital, e os camiños de transformación da lectura e da escritura.
Compañeiros e compañeiras de diferentes centros de Primaria e Secundaria compartiron con todos nós as súas experiencias como dinamizadores da Biblioteca.
Parabéns a todos, e, especialmente a Cristina e a Pilar pola organización.

viernes, 29 de octubre de 2010

XA CHEGA O SAMAÍN








Estes videos foron elaborados polo equipo da biblioteca do CEIP Mestres Goldar con música e letra do grupo Mamá Cabra.

domingo, 24 de octubre de 2010

Coñece os números da CDU.

A CDU Clasificación Decimal Universal é un sistema de clasificación do coñecemento, que nace da necesidade de ordear e catalogar os fondos das bibliotecas.


A cada grupo se lle asigna un número do 0 ao 9. Para coñecer a clasificación e a numeración que lle corresponde PREME NA RODA.
PREME NA FICHA para realizar unha actividade para averiguar o que aprendiche.

martes, 12 de octubre de 2010

ENTREGA DE DIPLOMAS

Os premiados no concurso de "As viaxes de Xiralibro" cos seus titores e unha das organizadoras da Biblioteca.
Parabéns a tod@s pola vosa investigación.

lunes, 27 de septiembre de 2010

As viaxes de Xiralibro.


Para ver as imaxes en grande, preme AQUÍ.
Preme sobre a lupa e realiza a actividade proposta sobre as viaxes.

Atopa o percorrido premendo sobre a palabra MAPA.

jueves, 16 de septiembre de 2010

Xiralibro no aeroporto de Vigo.

O aeroporto de Vigo é testigo da marcha de Xiralibro en avión... nestas imaxes cedidas ao equipo de biblioteca, pode observarse a tensión desta mascota que sae da nosa cidade na súa primeira viaxe...
Estará de volta no seu lugar de traballo?
Poderemos ver as fotos dos lugares que visitou?

Quedamos a espera das novas...

miércoles, 30 de junio de 2010

Felices vacacións!!!


Xa canso do turismo de cidade, Xiralibro vai facer unha viaxe... Veredes en setembro algunha foto dos lugares que vai visitar.
Animádevos a escribir, debuxar, insertar as vosas fotos... para elaborar o voso caderno de viaxe.

NON ESQUEZADES A HORA DE LER NO VERÁN!!

Botade unha ollada ao tríptico "Guia de lecturas" que levastes á casa, ou premede AQUI.

martes, 22 de junio de 2010

Exposición de fin de curso.

Na entrada principal pódense ver os traballos elaborados ao logo do curso.


Destaca o traballo realizado sobre os pintores e pintoras da nosa terra.

Parabéns a toda a comunidade escolar!!!

Agradecemos especialmente ao equipo de normalización lingüística o traballo conxunto.

lunes, 21 de junio de 2010

KIN-BALL CON 5º

O alumnado de 5º curso estivo practicando Kin-Ball con monitores de CSAAFD, da Secretaría Xeral de Deportes.
Que ben manexan a bola!!!


sábado, 19 de junio de 2010

Premio para 5ºA

O alumnado de 5º A recibiu o segundo premio do concurso "Mergullándonos nas Illas Atlánticas" coa foto Un peixiño con cuncha .
Parabéns.
A súa titora, Mª Carmen, preparou este video.

jueves, 10 de junio de 2010

Teatro no 1º ciclo

AS FORMIGAS, unha obra que Chus Álvarez e Simón Iglesias, da compañía Casahamlet, puxeron en escea para o alumnado de 1º e 2º.
Pasárono estupendamente.

viernes, 14 de mayo de 2010

Os ciclos I e II celebran as Letras Galegas

Letras Galegas 2010. Ciclos I e II on PhotoPeach

jueves, 13 de mayo de 2010

Letras Galegas 2010

Hoxe, o alumnado do ciclo 3 e os seus profesores-as celebramos o Día das Letras Galegas con diferentes actos. Houbo teatro "A galiña azul" de Carlos Casares, poemas de Uxío Novoneyra, cancións, rapeiros...
Parabéns a todos e todas.
Letras Galegas 2010 on PhotoPeach

martes, 11 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS

Dende o CEIP Frian-Teis comparten con nós este magnífico traballo en LIM.
Son dúas adaptacións de contos de Uxío Novoneyra e actividades sobre a fauna e a flora do Caurel.
Graciñas pola vosa xenerosidade.

Ciclo I Ciclos II e III
PREME nas imaxes para escoitar.

viernes, 30 de abril de 2010

Actividades de Abril, o mes do LIBRO

Todo o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º asistiu á presentación das actividades que profesores e alumnos-as do 3º ciclo preparamos con motivo do mes do Libro.

Esta é unha mostra dalgúns dos traballos elaborados:
Polgariña: Ilustrado por alumnado de 5º e 6º da aula 310 e narrado por Lupe.



La sirenita: Elaborado por Óscar. Voces de Maribel, Andreina e Óscar.


Fany e Andreina son as voces de Fle e Ming, dous simpáticos calcetíns contando El patito feo.

miércoles, 21 de abril de 2010

ANDERSEN NO FLEMING

Hoxe empezaron os actos do Día do Libro no colexio Fleming coa visita dun alumnado moi especial, os nenos e nenas de 5 anos da Escola Infantil Vilalaura acompañad@s das súas profesoras. Escoitaron os contos de "O soldadiño de chumbo" e "As mazás da prosperidade" contados por alumnado de 6ºA, B e D, viron os videos de "Polgariña", con ilustracións de alumn@s de 5º e 6º da aula 310, "A sereiña" e "O parruliño feo"




miércoles, 14 de abril de 2010

Visita ao CAT

@s alumn@s de 5ºC coa súa titora Berta visitaron o CAT (Centro de artesanía tradicional). Aprenderon cousas sobre diferentes oficios e tamén axudaron a facer un cesto.


MÁIS FOTOS

sábado, 10 de abril de 2010

Mes do libro con contos de H. C. Andersen.

As mazás da prosperidade.

Este ano a celebración de Abril, "mes do libro" no colexio, está adicado aos contos de H.C. Andersen, haberá contacontos a cargo do alumnado de 6º de Primaria e moitas sorpresas máis que iredes pouco a pouco descubrindo.


Preme sobre os nomes destes contos para ler e escoitar o seu contido en diversas linguas.





Atopa as imaxes destes contos polo colexio...