domingo, 3 de marzo de 2024
Reto matemático
viernes, 23 de febrero de 2024
Día de Rosalía de Castro
Hoxe é o Día de Rosalía De Castro. Para celebralo fixemos unha liña do tempo coa sua vida.
Por outro lado, os pequenos visitamos o Vilalaura para compartir este día, interpretando unha cación dun poema de Rosalía e ilustrando xuntos un poema.
Ademais, recordade que tedes na biblioteca unha exposición sobre a súa obra.
domingo, 11 de febrero de 2024
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, día elixido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidades co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para mulleres e nenas.
Na biblioteca temos preparada unha exposición temática sobre as mulleres científicas e un xogo de cartas para que descubrades a súa importancia. Estará durante todo o mes de febreiro.
lunes, 5 de febrero de 2024
Entroido no Fleming
Xa temos o cole adornado para o Entroido e como podedes ver, ambientado nas diferentes épocas da historia, seguindo o Proxecto Anual "A máquina do tempo".
lunes, 29 de enero de 2024
Día da Paz
Mañá celebramos o Día da Paz no cole e na biblio temos unha serie de libros recomendados que esperamos que vos gusten.
sábado, 13 de enero de 2024
viernes, 8 de diciembre de 2023
lunes, 4 de diciembre de 2023
Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca
En novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca. No cole tivemos unha exposición de libros sobre este tema, fixemos un mural onde colocamos cada invento na época correspondente (seguindo co proxecto anual "A Máquina do tempo") e coñecimos a científicas galegas.
domingo, 3 de diciembre de 2023
Os seres máxicos do Nadal que pasean polo Fleming
domingo, 29 de octubre de 2023
Novidades
Ola a todos a todas!
Xa están dispoñibles as novidades no andel da biblioteca, recordade que durante quince días as podedes consultar na sala e logo pasarán ao resto de andeis para que as poidades levar a casa.
domingo, 22 de octubre de 2023
24 de Outubro Día Das Bibliotecas
Ola a todos e a todas!!
O 24 de outubro celébrase o Días das Bibliotecas co obxetivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor do persoal bibliotecario. Elixiuse este día para recordar a destrución da Biblioteca de Sarajevo durante a guerra dos Balcanes en 1992.
Para celebralo esta semana abrimos a biblioteca co horario xa completo. Esperamos que disfrutedes dela! Para axudarnos a recordar as normas recomendámosvos ver o seguinte vídeo elaborado polos encargados e encargadas da biblioteca de 6º:
Gracias pola vosa colaboración!
Samaín
Xa falta pouco para que chegue Samaín e o cole comeza a decorarse para esta data. Animámosvos a participar nas diferentes actividades.
sábado, 14 de octubre de 2023
Clubs de lectura
Esta semana tamén comezamos os clubs de lectura. Despois das correspondentes reunións e de encher o buzón de inscripcións xa puidemos comezar. Estamos moi contentas porque sodes moitos/as as que ides a participar.
Os primeiros en estrear os clubs foron o club de lectura "Cocotibur" de 6º curso. Esperamos que disfrutedes moito desta historia!
Recordade que a próxima semana comezan os clubs de 5º.
Recreos na biblio
Esta semana comezaron os recreos na bibio e poidéchedes estrear os xogos novos aínda que algúns e algunhas sempre prefirades os clásicos. Aquí deixamos algunhas fotiños desta semana.
Boa ponte!