viernes, 26 de febrero de 2010

Manexo autónomo da biblioteca escolar.



Preme sobre a imaxe para acceder ao slide.

miércoles, 24 de febrero de 2010

viernes, 12 de febrero de 2010

O MAR DO FLEMING

Hoxe o colexio Fleming vestiuse de mar.
Peixes, mariñeiros e pescantinas de ribeira, piratas de boa fe, algas e buzos sen arpóns... todos festexamos o Entroido.
Tamén escoitamos as coplas e o xuizo do Meco. Este ano un barco pirata librouse do lume coa condición de que navegue en paz polas augas do mar de Vigo.

Entroido 2010 on PhotoPeach
MAIS FOTOS

miércoles, 10 de febrero de 2010

Xiralibro amosa o uso dun marcador de consulta.


OBXECTIVOS:
1.- Manter ordeada a zona de consulta.
2.- Achegar ao alumnado imaxes e textos de libros de lectura.
3.- Reciclar e aproveitar os libros en mal estado.

UTILIDADE DESTES MARCADORES DE CONSULTA.
Estes marcadores repartiranse ao alumnado respectando a orde numérica da lista de aula, nunha clase adicada á documentación, consulta e elaboración de traballos.

Preme AQUÍ para coñecer outras utilidades destes marcadores.
.....................

martes, 9 de febrero de 2010

Instrumentos musicais de 2º


Xa sabedes que un luthier é unha persoa que fai, axusta ou repara instrumentos musicais de corda.
Pois no noso cole temos luthiers en 2º curso que fan todo tipo de instrumentos.
Mirade os que fixeron coa profesora de música, Margarita.
Son chulísimos.

viernes, 5 de febrero de 2010

o círculo cromático.

O equipo de normalización suxire a realización dunha actividade en flash para comprender como se conseguen todas as cores a partir das cores primarias.
Premede na imaxe para ir á explicación en castelán e ao flash, se desexas a explicación en galego está AQUÍ.

Aclaracións sobre as cores primarias e secundarias respecto da mezcla aditiva ou sustractiva.

martes, 2 de febrero de 2010

Moving...for just one dream!

No Colexio fleming celebramos o DIA da PAZ co lema "Coñecernos para comprendernos".
Coñecer os paises de procedencia dos nosos alumnos estranxeiros e decatarnos de que moitos dos nosos familiares tamén viven lonxe da súa terra.
O mapa do mundo encheuse de bandeiras galegas e a nosa comunidade visteuse coas cores de 22 paises.

Dia da PAZ 2010 no colexio Fleming on PhotoPeach