domingo, 27 de noviembre de 2011

Comeza a III semana do cómic... boas lecturas!!

Os Bolechas no colexio.

A decoración do colexio está adicada nesta III "Semana do Cómic" aos personaxes dos BOLECHAS de PEPE CARREIRO que están en diferentes lugares... Serás quen de atopalos a todos?

LOLI e PILI son xemelgas e loiras.

CARLOS é o maior e de pelo acastañado.

BRAULIO é rubio.

SONIA é morena.

TATÁ é o máis novo.

e CHISPA é o can.

Localiza as onomatopeas.

As onomatopeas son palabras que imitan diferentes sons.


viernes, 25 de noviembre de 2011

NON Á VIOLENCIA CONTRA A MULLER


Recursos para traballar nas aulas a educación en igualdade, proporcionados polo blog O RECANTO DE MIK


jueves, 24 de noviembre de 2011

Para disfrutar da lectura

UN MISTERIO NA MOCHILA DE ALBA, un fermoso libro da escritora Fina Casalderrey e ilustrado por Xosé Cobas que se presentou onte 23 de novembro na Casa das Palabras.
As súas páxinas están cheas de poesía e maxia, luz e arte.
Grazas Fina por esa adicatoria para todos os ensinantes.
E grazas á Editorial Oxford pola invitación ao evento e os agasallos.

domingo, 20 de noviembre de 2011

MAGOSTO NO FLEMING

O venres celebramos o MAGOSTO no cole.
As castañas e as mandarinas estaban boísimas. Despois houbo xogos tradicionais.
Pasámolo moi ben.