A semana pasada estivemos a tope facendo actividades para celebrar as Letras Galegas.
Manolo de Donas-Santabaia e Pepe de Antime-Gondomar, artesáns recoñecidos, amosáronlles @s alumn@s do terceiro ciclo a arte de facer cestos.
Todo o alumnado pasou pola exposición "Os cesteiros" da sala de usos múltiples.
Houbo representacións de teatro, de pequenos e maiores, bailes, regueifas, cancións e poesías.
Todo resultou estupendo. Noraboa a tod@s polo voso traballo.
(Preme na cámara do lateral para ver máis fotos)
sábado, 23 de mayo de 2009
viernes, 22 de mayo de 2009
Dous grupos de 1º ESO do IES do Castro visitan a exposición dos cesteiros
O día 20 de maio, dous grupos de 1º ESO do IES do Castro, a maioría antigo alumnado deste centro, visita a exposición dos cesteiros, actividade organizada pola coordinación do departamento de normalización lingüística do Fleming coa colaboración de toda a comunidade escolar: pais, nais, profesorado e alumnado...
Parabéns por tanto traballo!!
Nas imaxes podemos ver ao alumnado do instituto documentándose cun vídeo sobre o tema e observando os diferentes obxectos debidamente identificados e etiquetados, para facilitar a correcta valoración de utilidades, materiais, estilos, procedencia... así como os diferentes murais explicativos colocados polas paredes desta aula multiusos... Esta saída cultural foi impulsada polo equipo de normalización do instituto.
miércoles, 20 de mayo de 2009
CONTACONTOS
Que ben o pasaron os rapaces e rapazas do ciclo I!!!
Tiveron o contacontos sobre o libro"Rata Linda de Compostela" de Bernardino Graña e gustoulles moito.
Tiveron o contacontos sobre o libro"Rata Linda de Compostela" de Bernardino Graña e gustoulles moito.
domingo, 17 de mayo de 2009
A SEMANA MATEMÁTICA...UN EXITAZO!!
Encantoulles a todos os nenos e nenas que pasaron pola biblioteca. Fixeron sudokus, pentaminós, xogaron ó dominó, co tangram, mosaicos e máis cousas.
Eiquí podedes ver fotos dalgúns cursos.
Eiquí podedes ver fotos dalgúns cursos.
lunes, 11 de mayo de 2009
Celebra o día das matemáticas...
12 de Maio, "día escolar das matemáticas". Escóllese a data por ser a do nacemento de Pedro Puig Adam.
Xiralibro espéravos no taller de matemáticas da biblioteca, con moitas novidades!!!
Frases de Pedro Puig Adam: "Os únicos coñecementos que xamais se aplican, son os que non se teñen".
"Aprendede a ser un pouco aprendices de todo para o voso ben e, polo menos, especialistas en algo para o ben dos demais."
CARTEL DA "I SEMANA MATEMÁTICA" do colexio. Se premes na imaxe, entrarás nunha entretida actividade en LIM.
Este ano o Dia Escolar das Matemáticas está adicado a:
"A Cidade e as Matemáticas"(preme para ler máis)... pensade que hai nunha cidade que teña que ver coas matemáticas... esperamos aportacións sobre o tema...
Lecturas matemáticas para matelistos... "Matemáticas… ¿estás ahí?", de Adrián Paenza. Preme na imaxe para ler o libro.
Xiralibro espéravos no taller de matemáticas da biblioteca, con moitas novidades!!!
domingo, 10 de mayo de 2009
VISITA AO PARLAMENTO
Os nenos e nenas de 5º visitaron o Parlamento da nosa comunidade.
Foron cos seus profesores-as e aprenderon moitísimas cousas.
Estas son algunhas das fotos que lles fixeron.
Foron cos seus profesores-as e aprenderon moitísimas cousas.
Estas son algunhas das fotos que lles fixeron.
sábado, 9 de mayo de 2009
miércoles, 6 de mayo de 2009
O FLEMING VESTIUSE DE PRIMAVERA
Temos a Biblioteca chea de traballos sobre a primavera.
Estes son debuxos de nenos e nenas de primeiro e segundo.
Son preciosos. Mirade que colorido.
Estes son debuxos de nenos e nenas de primeiro e segundo.
Son preciosos. Mirade que colorido.
lunes, 4 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)